fondo

lunes, 21 de octubre de 2013

Teatreando



Aquí estamos de volta, paraugas en man, para amosarvos como foi a nosa última aventura teatral.

A mañá comezou dura, choiva e mais choiva, puxémonos pingando, menos mal que a obra “Contos para un caldiño” mereceu a pena. Pasámolo en grande!!!

Aquí vos deixo o vídeo que o atestigua!!


 

Por certo, estamos un pouco lentas con blog porque non damos feito. Mmmmmm!!!! Veña, vamos  adiantarvos algo, seremos boas!!! TEMOS NOVO PROXECTO EN MARCHA!!!!  Neste, ao igual que pasou o ano pasado co proxecto do protagonista, imos precisar que nos axudedes e que colaboredes, xa veredes que ben o pasamos e CANTO APRENDEMOS todos xuntos.

Pero antes do proxecto temos o Samaín. Cando vos mandemos a nota para traer a cabaza xa deduciredes  cousas deste novo proxecto. Xa non dicimos mais porque logo todo se sabe.