fondo

viernes, 27 de mayo de 2016

Esta semana MARTIN, tivo o seu protagonismo tan esperado... Non deixou a súa coroa en ningún momento e estivo moi atento as súas funcións...Compartindo os seus xogetes, explicándonos as súas vivencias co apoi das fotos....
A súa familia fíxonos panadeiros por un día e pasamos unha tarde XENIAL. Moitas grazas!!!!






















martes, 24 de mayo de 2016

MAIO: UN MES CHEO DE SORPRESAS!


No mes de maio seguimos traballando coa calma, xa vos amosei noutra entrada as cousas que fomos facendo na aula, pero con esta emoción tamén estivemos traballando a temática da primavera, xa que é unha estación que nos transmite un estado de calma: os sonidos, os olores, as cores das flores...
Este ano volvemos a ter vermes de seda e por iso fixemos cuns globos, os nosos propios vermes...encantoulles esta manualidade!

                                          



Este foi o resultado...que simpáticos quedaron!


A época da primavera, é a estación propia para as plantacións e esto é algo que non odemos deixar de traballar cos pequenos, xa que eles con estas actividads disfrutan moito. Nesta ocasión, contamos unha vez máis coa colaboración de dúas mamás, que se ofreceron voluntarias para plantar cos nenos/as leitugas...






Grazas mamis!!!


E en pouquiños días, as nosas leitugas medraron e algunhas medraron moito!!!


Con esta visita a nai de Dani Canedo ocorreuselle que podía ser boa idea ir a visitar os seus invernadoiros, e todo o que nos ofrezan as familias, hai que aproveitalo, asi que, alá fomos!

Cando chegamos tivemos que deixarlles probar aos nenos/as os xoguetes que ten Dani na horta, que contentos se puxeron cando viron todo iso!



Pero despois dun  tempo de xogo, tocou ir traballar un pouco e puxémonos mans á obra...
Plantamos leitugas...

e recollimos as que xa medraran para levar ao cole e comer un día ensalada coas leitugas do invernadoiro de Dani.


Pero o traballo non rematou aquí, xa que cada neno/a plantou a súa planta de xudías.






E despois, de tanto traballar...toca repoñer forzas...e fomos merendar un rico biscoito que nos fixo Mónica...que por certo estaba boísimo!

E para ir rematando a nosa visita, fomos ver as cabras que ten a súa veciña...que bonitas as cabras pequeniñas...



E toca facer o camiño de volta ao cole, que por certo, costounos un mundo, estabamos tan cansos...


Pero...por fin conseguimos chegar!!!
Grazas de novo a todas as mamás (e avoas,jajaja) colaboradoras.



Pero este mes de maio non remata aquí...como ben sabedes, o día 10 de maio fomos de excursión ao centro cabalar de O Ventoso...deixovos un video para que poidades disfrutar a visita, igual que o fixemos nós.




E o día 13, celebramos unha das festividades tan esperadas ao longo do ano, o día da familia!




E con isto rematamos este mes de maio, que foi moi intenso! E pouco a pouco, achegámonos ao peche deste curso escolar e dentro de nada ao inicio da etapa final de infantil...que pronto medraron os meus pequenos!!!