fondo

martes, 24 de mayo de 2016

MAIO: UN MES CHEO DE SORPRESAS!


No mes de maio seguimos traballando coa calma, xa vos amosei noutra entrada as cousas que fomos facendo na aula, pero con esta emoción tamén estivemos traballando a temática da primavera, xa que é unha estación que nos transmite un estado de calma: os sonidos, os olores, as cores das flores...
Este ano volvemos a ter vermes de seda e por iso fixemos cuns globos, os nosos propios vermes...encantoulles esta manualidade!

                                          



Este foi o resultado...que simpáticos quedaron!


A época da primavera, é a estación propia para as plantacións e esto é algo que non odemos deixar de traballar cos pequenos, xa que eles con estas actividads disfrutan moito. Nesta ocasión, contamos unha vez máis coa colaboración de dúas mamás, que se ofreceron voluntarias para plantar cos nenos/as leitugas...






Grazas mamis!!!


E en pouquiños días, as nosas leitugas medraron e algunhas medraron moito!!!


Con esta visita a nai de Dani Canedo ocorreuselle que podía ser boa idea ir a visitar os seus invernadoiros, e todo o que nos ofrezan as familias, hai que aproveitalo, asi que, alá fomos!

Cando chegamos tivemos que deixarlles probar aos nenos/as os xoguetes que ten Dani na horta, que contentos se puxeron cando viron todo iso!



Pero despois dun  tempo de xogo, tocou ir traballar un pouco e puxémonos mans á obra...
Plantamos leitugas...

e recollimos as que xa medraran para levar ao cole e comer un día ensalada coas leitugas do invernadoiro de Dani.


Pero o traballo non rematou aquí, xa que cada neno/a plantou a súa planta de xudías.






E despois, de tanto traballar...toca repoñer forzas...e fomos merendar un rico biscoito que nos fixo Mónica...que por certo estaba boísimo!

E para ir rematando a nosa visita, fomos ver as cabras que ten a súa veciña...que bonitas as cabras pequeniñas...



E toca facer o camiño de volta ao cole, que por certo, costounos un mundo, estabamos tan cansos...


Pero...por fin conseguimos chegar!!!
Grazas de novo a todas as mamás (e avoas,jajaja) colaboradoras.



Pero este mes de maio non remata aquí...como ben sabedes, o día 10 de maio fomos de excursión ao centro cabalar de O Ventoso...deixovos un video para que poidades disfrutar a visita, igual que o fixemos nós.




E o día 13, celebramos unha das festividades tan esperadas ao longo do ano, o día da familia!




E con isto rematamos este mes de maio, que foi moi intenso! E pouco a pouco, achegámonos ao peche deste curso escolar e dentro de nada ao inicio da etapa final de infantil...que pronto medraron os meus pequenos!!!



7 comentarios:

  1. Pois si que vivistes con intensidade este mes de maio!!!Parece mentira que cundira tanto! Lu veu encantada do Ventoso: montar a cabalo e poder peinalo pareciulle marabilloso. Cheguou cansadiña pero con moitas cousas que contarnos.
    O dia da familia pasamolo moi ben e foi un pracer poder disfrutalo e que poidésemos participar os papás e mamás. Lu iba moi emocionada por levar vestido o traxe de judo!!! Encantoulle poder facer judo diante dos compañeiros e da profe. jeje
    Gustoulle moito o espectáculo de maxia. Aínda hoxe atopou no polideportivo un cacho de confetti e gardouno na mochila. A ela o mundo da maxia chámalle moito a atención.jeje
    E o broche final foi cando chegamos á casa e nos ensinou a Marcos e a mín os seus regalitos: alucinamos co marco de fotos!! É precioso e xa ocupa un lugar privilexiado no salón. O sombreiro de primavera é realmente bonito e alegre xa xa forma parte da decoración da súa habitación tamén.jeje.
    Unha vez máis, GRAZAS!!

    ResponderEliminar
  2. O espectáculo de maxia estivo moi ben,aos peques fíxoselles un pouco longo,pero penso q moitos dos trucos causaron furor en moitos nenos/as...jiji.
    Non sabes como me alegron que vos gustaran tanto os agasallos e que os nenos/as podan ver que algo que fixeron eles forma parte da decoración da súa casa,ten que ser súper satisfactorio...estas cousas son as que lles fan medrar cada día máis!!!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. Este mes si qe o tuvechedes moi atareado jiji .Primeiro de todo dar as grazas por facer este proxecto tan bonito e deixar colaborar as familias .Para min foi un pracer participar nas actividades qe fixemos e ver o ben qe o pasaron os nenos .Encantoume o gorro e o cuadro qe fixechedes dani non lle deixou abrir o regalo a ninguen asta qe cheguei eu jiji qe o regalo era da familia pero pa mama .O dia qe foi a granxa veu todo contento non daba contado os animais qe virar e qe montaran a cabalo qe os peinaran e qe asta abia lobos jiji.E verdade o qe dis profe qe o nosos peqes qe pronto se fan maiores en nada acabase este curso .Volvo a decir GRAZAS por todo Lorena .

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar