fondo

lunes, 22 de septiembre de 2014

Gañamos o premio!!!

Como ben sabedes gañamos o primeiro premio no concurso da festa da pataca.
E qué contentos estaban hoxe os nenos/as!Por iso, quixemos sacar unha foto coas  figuras q fixemos e co premio q nos deron.
Moitas grazas a todos os papás e mamás pola vosa colaboración!!!

sábado, 20 de septiembre de 2014

Concurso da festa da pataca de 3 anos

Esta semana estivemos moi entusiasmados facendo as nosas patacas e este foi o resultado.A que quedamos guapísimos?

viernes, 19 de septiembre de 2014

As patacas de 5 anos


Moi boas familias!!!!


Este ano, dende o equipo de Voz Natura,  propúxosenos que participaramos nas celebracións da vila, e como non, os pequechos de 5 anos, puxémonos mans á obra!!!
Carla, debeu oír campás e trouxo dúas patacas, eu ía traelas da casa pero así xa as aproveitamos. Empezamos a pensar que podiamos facer para parcipar na tan famosa festa da pataca de Coristanco  e este foi o resultado!!!
Todos fixemos algo e rimos moito!!!!
Temos o gusto de presentarvos a Barbie e Kent de Coristanco!!!


martes, 9 de septiembre de 2014

Inicio de curso

Moi boas familias!!!



O Equipo de educación infantil, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar.  Esperamos que nos sigades tanto coma en cursos pasados e que non deixedes de colaborar, cos vosos comentarios, neste blogue .
Este blogue, como outros anos,  aspira a ser unha xanela aberta á que podedes entrar sempre que queirades para ver como os vosos pequenos e pequenas disfrutan e aprenden día a día.

Benvidos a todos e feliz curso escolar!!!