fondo

jueves, 24 de septiembre de 2015

FESTA DA PATACA

Ola familias!!! Un ano máis temos que transmitirvos que conseguimos o 1° premio de figuras con pataca.
Este ano fixemos un xardín coas flores q fixeron os propios nenos/as.
O luns xa chegaron ao cole cunha grande ilusión por ser gañadores por segundo ano consecutivo. Agora pensaremos en que imos a invertir os cartos do noso premio...algún xoguete novo teremos na aula(jiji).
Agradecerlle a Mónica a súa predisposición para levar a nosa figura o día da festa e por recoller o premio.Moitas grazas!

Adrián Ro.xa ten 4 anos!

Xa comezamos cos cumpreanos dos nosos nenos/as.E este ano xa cumpren 4!!! Que maiores son...Moitas felicidades Adri de parte dos teus compañeiros/as e da profe.Un biquiño.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Período de adaptación



Moi boas a tod@s!

 En esta primeira entrada quero darvos a benvida á ventá de 3 anos. Por aquí podedes curiosear todo o que fan os vosos fill@s na escola e opinar ao mesmo tempo. Espero que vos guste o que facemos e veñades canto antes a  vernos e a participar directamente na actividade de aula. Estaremos encantados de recibirvos!!!
Aquí vos deixo un vídeo cos primeiros días do período de adaptación. Ollade todo o ben que o pasamos.




martes, 15 de septiembre de 2015

XA TEMOS UN ANO MÁIS!

Despois de todo o verán e de deixar pasar os primeiros días de escola para ir adaptándonos...xa estamos de volta!
Antes de nada, darvos a benvida a este novo curso escolar(aos  nenos/as e, por suposto, ás familias).Como ben sabedes sodes unha parte importante no proceso de aprendizaxe dos vosos fillos/as.
O ano pasado houbo unha gran participación pola vosa parte e este ano espero seguir contando con todos vós. E...non esquezades PARTICIPAR NO NOSO BLOG!
Como podedes comprobar na foto os nenos/as están encantados coa volta ao cole.Espérannos moitas cousas novas neste novo ano e xa comezo ensinándovos o novo recuncho da biblioteca.Que bos momentos imos vivir nela!
Ademais este ano temos unha compañeira nova ( Noemy), que amosa unha gran ilusión por poder compartir esta experiencia con  nós. A pesar de todas as alegrías...tamén hai algunha pena: e é que tamén houbo un compañeiro que nos deixou temporalmente (Dani O.).E digo, temporalmente, porque esperamos que algún dìa veña visitarnos.DANI ACORDÁMONOS MOITO DE TI!!! UN BICO MOI GRANDE DE PARTE DOS TEUS COMPAÑEIROS/AS DE CORISTANCO.
E...BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2015-2016!!!