fondo

lunes, 24 de abril de 2017

Día do libro

Onte, 23 de abril, celebrouse o Día Internacional do Libro. Para celebralo hoxe no cole os maiores contáronnos un conto e fixérono moi ben, porque estivemos moi atentos.






martes, 18 de abril de 2017

As fases da Lúa

Este é un tema que nos costa máis, pero é que é moi difícil acordarse de todos os nomes das fases lunares!



Fixemos o noso conto das fases lunares, con poesías destas fases e os nenos/as quixeron debuxar as fases da Lúa na pizarra vileda e como agora tamén escriben, pois ás veces plasman as cousas que aprenden con frases que eles de maneira espontánea escriben...qué ben o fan!



E Martiño un día quixo facer a nave na que Amstrong viaxou a Lúa, o Apolo 11 e esto deunos lugar a vvisualizar un video do despegue desta nave.






Experimentando cos movementos da Terra...


Cánto saben estes pequenos!!! 









Parabéns chicos!!!

Estes son os nenos que cumpriron este mes...¡¡Parabén!!

viernes, 7 de abril de 2017

Plantando verzas!!!


Hoxe o papá de Iria convidounos a visitar o seu invernadoiro. Alí ademáis de botarlle un vistazo ás leitugas que comemos no comedor, plantamos verzas rizadas. Encantounos traballar coa terra.





E aproveitando que de volta ó cole pasamos por cerca do parque, fomos merendar alí e rematamos a mañá xogando. 





Foi unha mañá do máis entretida!!!





Feliz cumpreanos Alba!!!

Onte Alba Varela cumpriu 5 anos, trouxonos un bizcoito que fixo coa súa mamá que estaba boísimo. Moitas felicidades Alba!!!