fondo

sábado, 20 de abril de 2013

CONTACONTOS

Moi boas familias!!!!
 
Esta semana tivemos a visita de Iago, un contacontos fantástico, na biblioteca do Pichel. Xa vos amosamos o vídeo dos peques así que agora vai unha pequena mostra do bo facer de Iago.
 
 
 
 

 

miércoles, 17 de abril de 2013

Contacontos



 
 
Hoxe asistimos a unha actividade moi especial, un contacontos veu á biblioteca do Pichel e todos os peques de infantil quedamos encantados. Aquí vos deixamos o vídeo para que o comprobedes. 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 

lunes, 15 de abril de 2013

proxecto protagonista



          - Outra semana mais, regresamos co proxecto do protagonista. Neste caso tócalle o turno á doce Nuria.

 



Luns:

Hoxe tocou sacar a foto coas mascotas e facer a coroa. Nuria pasouno en grande estivo moiiiiiii animada e ilusionada.


 

 
 
 

Martes:

Pola mañá  tocou amosar as fotos. Fíxooo moi ben e amosouse moi, moi contenta. Moi ben ruliña!!!!!

Ademais, e aproveitando que estamos co reparto de froita, foi a encargada de repartir os plátanos para tódolos alumnos de infantil. Cánto traballou hoxe!!!!
 
 
 
 

 

Seguimos co Martes. Pola tarde veu a gran sorpresa, non foron unha, nin dúas, tres mulleres Regueira viñeron a sorprender a Nuria. Qué felicidade, que risa nerviosa!!!!

Non pararon, primeiro  Adri (a irmá de Nuria) e Laura (prima de Nuria) leron o conto e logo coa axuda de mami decoraron unha tarta. Mmmmmmm!!!!!! Que pinta!!!!! Canto disfrutaron poñendo as gominolas no doce!!!! Non tendes mais que verlles as caras. Pero isto non acaba aquí, fixemos unha festa degustando a tarta, logo veu a SUPER PIÑATA  e logo os regaliños.

Todos o pasamos moi, moi ben. Moitas, moitas grazas a María, Adri e Laura por vir a visitarnos e amenizarnos a tarde. Ademais Laura foi alumna miña e foi como lembrar vellos tempos. Unha nena para comela.








 


 

Mércores:

Toca amosar os xogos, xoguetes, roupa… todas as cousas preferidas da prota. Mira que trouxo cousas!!!!! Mi madriña!!!!!! O mellor é que disfrutou un montón amosándoas e non tivo ningún reparo en compartilas. Moi ben pequecha!!!!!












 
 
 
 
 

 
XOVES:
O xoves, coma sempre, tocou deixar as pegadas. Qué cóxegas!!! Pasouno en grande. (desculpade polo retraso)
 



 
 

 
 
E ata aquí o reinado desta pequecha tan feita. Hoxe entrega de libro. Espero que vos guste familia!!
 
 
 

jueves, 11 de abril de 2013

Cousas de Cativos


COUSAS DE CATIVOS
 
Xa sabedes que os pequenos copian uns dos outros. Non só o malo, tamén o bo. Basta que un faga unha cousa sorprendente para que os outros o copien.

É o caso de Noa, viu que as súas compañeiras escribían os nomes con plasti e ela non ía ser menos, porque lista é un cacho. Espero seguir poñéndovos fotos destas porque me encantannnnnnnnn .

 

miércoles, 10 de abril de 2013

Cousas de Cativos


Continuamos cunha nova entrada de cousas de cativos.
Sigo ALUCINANDO familias!!!!
Neste caso María sorprendeunos a todos escribindo o nome dos seus compañeiros. Moi ben pequecha!!!!! Qué traballadores e espelidos son estes cativos.




 

domingo, 7 de abril de 2013

Proxecto protagonista


Volvemos de novo cunha nova entrega do proxecto do Protagonista”. O luns estrea o seu reinado:

 

Luns:

Toca sacar a foto cos nosos queridos Papeliño e Papelote e facer a COROA.  Moi emocionada e moi contenta pasou o día esta ruliña.
 
 
Martes:

Hoxe tocou amosar as fotos.  Custounos un pouco porque Zaira é unha nena  SUPER!!!  tímida. A anécdota do día foi que  inventou os nomes dos  avós. Debeu pensar,  “esta pesada non para de preguntarme como se chama todo o mundo así que vou dicir os nomes que me saian para que deixe de darme a lata”. Jajajajajja. Que boa!!!!!  

 
 
Mércores:

 
Hoxe Zaira veu un pouco pachucha, pero non se lle notou nadiña!. Amosou todos os seus xoguetes moi emocionada e logo compartiunos de moi boa gana cos seus compañeiros. Esta meniña é tan boa!!!!!





 

Xoves:

 
Como dicía o dito, tanto estirou a goma que rompeu. A nosa prota aguantou toda a mañá como unha campioa, pero despois xa….. tivo que marchar. Que pena!!!!!

Menos mal que puido facer as tarefas de prota do día. Xa sabedes, as pegadas da man, os pé e os beizos. O mais sorprende de todo é que esta pequena non ten cóxegas nos pés. E mira que o intentei, pero nada. Jajajaj.

Aquí vos deixo as fotos do día. Esperemos que mañá estea un pouco mellor para vir a recoller o seu libro e para recibir a súa visita inesperada.



 

Venres:

Ao final a prota veu ao cole, enfermiña pero veu. Iso si, cando veu mami levouna para a casa. 

Fíxolle moita ilusión a visita de mamá, cando a viu non daba reaccionado. Qué graza!!!!

As dúas léronnos o conto dos sete cabritiños e logo xogamos ás adiviñas. Divertíronse moito e incluso se poñían nerviosos para ver quén acertaba. Fixérono xenial!.

Logo Zaira repartiu uns detalliños moi orixinais: bolsa de pepa pig, lapis xigante e chupa chups. Alguén da mais!!. Grazas tía Ana polos chupas e grazas a María e a Zaira pola miña bolsiña e o meu lapis.

Moitas grazas María, encantounos a túa visita.
 


Cando María e Zaira acabaron de ler o conto, cada neno e nena leeu un anaco empregando os pictogramas.




 
 

sábado, 6 de abril de 2013

Cousas de cativos





Aquí estamos de novo coas "Cousas de Cativos". É alucinante o esponxas que son estes peques de 3 anos!!!. Quedei pasmada con esta actividade totalmente libre de Carol e logo de Uxía. Non deixa de abraiarme cómo aprenden cada día, cómo evolucionan.... qué gusto velos!!!