fondo

domingo, 10 de enero de 2016

Protagonista da semana


    - Empezamos a semana cunha nova protagonista!. Nesta ocasión tócalle a Nerea Canosa que seguro o disfrutará moitísimo.
Feliz semana pequecha!!!



Luns:
A protagonista estaba ansiosa por empezar a facer a súa coroa, decorala e sobre todo poñela. Que ilusión lle fixo!. Que gusto vela tan contenta!!!!



Martes:
Dinlle a escoller entre amosar as fotos ou as pertenzas favoritas. Ela escolleu amosar as pertenzas porque estaba desexando compartilas cos seus compañeiros. Creo que ao longo do día mo preguntou catro  veces “profe, cando vou poder compartir as miñas cositas cos nenos?”. Non é para comela?
Isto foi todo o que trouxo esta gran nena!!!


Mércores:
Tivemos a gran sorte de ter á mami de Nerea entre nós.  Que ilusión lle fixo! Que cariñosa se amosou en todo momento con ela. Esta nena é para comela.
A nai de Nerea leu o conto favorito da nena, que non é outro que “Carapuchiña Vermella”. A continuación axudou para que Nerea puidese plasmar as súas pegadas e ao rematar repartiron un agasallo para cada compañeiro, nada mais e nada menos que un libro. Que fermoso detalle!!! As profes tamén tivemos o noso, moitas grazas familia!!!



 Xoves:
Tocou amosar as fotos. Que ben as explicou e con que grandilocuencia!!!! Moi ben pequecha!!!


O luns a profe terá un agasallo para esta gran nena!!!



viernes, 8 de enero de 2016

O MES DE NADAL (4 ANOS)

Este mes traballamos moito: fixemos as postais, coñecimos a figura do apalpador, escribimos a carta aos reis, fixemos un obradoiro de xoguetes...Deixovos un video para que poidades ver o ben que o pasamos durante todo o mes de decembro. E por suposto, tamén inclúe algunha foto do festival.


E para que non perdades detalle do ben que fixeron os nenos o baile do "Boneco de neve", aquí vos deixo esta grabación...espero que vos guste.



Neste mes tamén tivemos a celebración do cumpreanos de Noemy!!!






miércoles, 6 de enero de 2016

Festival de Nadal 3 anos

Boas familia!!!!
Despois dun descanso toca volver á acción e como xa sei que esperabades esta entrada como auga de maio, pois veña, que non é sen tempo!.
Sen mais dilación dou paso ao vídeo do festival de Nadal. Que ben o fixeron os peques, verdade?





Taller de xoguetes en 3 anos



Moi boas familia!!!
Este ano iniciamos unha nova aventura levando a cabo un taller de xoguetes. O obxectivo era doalos para que os Reis Magos os puidesen repartir entre os nenos/as mais necesitados. E iso fixemos o día do festival de Nadal cando un neno de 3 anos e unha nena de 4 os depositou na montaña de xoguetes que a Ampa foi recollendo durante estes días.
Os pequenos/as pasárono en grande e creo que conseguimos espertar en eles o espírito solidario.
Agora vou con vós, familia!!
Moitas grazas a todos/as os papis e mamis que colaborastes neste taller, sei que  a moitos outros vos houbese gustado participar, pero por razóns laborais non puidestes acudir. Non vos preocupedes porque seguiremos facendo cousas para que esteades presentes dunha forma ou outra dentro da aula.


O dito, familia, mil grazas pola vosa dedicación!!!


Apalpador e mercado solidario en 3 anos




Moi boas familia!!!
Este decembro estivemos mooooooiiiiiiiii ocupados. O Pichel foi un non parar de acontecementos. Aquí vos deixamos a visita do Apalpador e o éxito do mercado solidario. Mil grazas pola participación familia!!!!