fondo

lunes, 25 de enero de 2016

Proxecto protagonista


Boas familia!!!
Comezamos semana e estreamos protagonista. Neste caso é a quenda de Elva. Que ganas tiña! Os seus ollos dicíano todo, brillaban de emoción!!!


Luns

Hoxe tocou facer a coroa. Elva tiña moi clara a cor da súa coroa, laranxa. Non quixo ningunha outra. Tivo tanta expectación que dixo: "Chicos, deixádeme sitio que teño que facer a corla". Ollade!!!


Martes:
Sinto a tardanza familia pero os vídeos tardan moito en subir.
Hoxe Elva quixo amosar as fotos, dixo que os xoguetes mañá. É unha nena coas ideas moi claras. Que risas pasamos escoitandoa. Esta nena é todo expresividade. Ollade!!!




E esta é a foto que resume o día Happy de Elva!!!

Mércores:
Hoxe foi un día moi especial. Empezou cando Elva amosou “todos” os seus xoguetes. Miña nai, cantos trouxo!!!!
A prota dixo que estaba desexando compartilos cos seus compis. Hoxe non tivemos tempo pero mañá seguro que si!!!

Ollade!!!



Pola tarde tivemos a gran sorpresa, Vanessa, a nai de Elva veu a visitarnos. Que ben o pasamos con ela. Explicounos cal era a súa profesión, que útiles usa para poder desenvolvela e logo veu o mellor, Vane peiteou e maquillou aos peques e Elva non se quedou atrás. Mirade o ben que o pasamos!!.



Xoves:
Hoxe foi o día de facer as pegadas. Canto riu e nos fixo rir.
O primeiro foron os pés. Toda disposta xa se descalzou ela soliña.
 
A continuación as mans e como non, Rodrigo, o seu gran amor, tiña que facer os honores.
 

Por último os beizos. Que ben o fixo esta pequerrecha!!!


 
E aquí remata o reinado desta gran nena. Espero que o disfrutara tanto como nolo fixo disfrutar a nós. O luns  a profe terá un agasallo para ela. SORPRESA!!!!!
 



 
 




jueves, 21 de enero de 2016

SENTIMOS A RABIA EN 4 ANOS




A carteira Popeta deixounos unha carta porque desta vez o monstro de cores volveuse de cor vermello e precisa da nosa axuda outra vez, para saber o que lle está pasando. 
Nesta ocasión, a nosa investigadora principal foi...
CARLA!

  

Xa que o mnstro de cores está vermello, pois temos que buscar, no camiño, o código QR desa mesma cor, que nos permitiu escoitar de novo a Rogelio...ollade ben!


Pero xa sabemos que isto é unha labor de equipo...entre todos seguro que conseguiremos axudar a monstro de cores. Imos entón, en busca da caixa máxica!


ATOPÁMOLA!!!ESTABA ESCONDIDA NO NOSO BAÑO...




Qué haberá dentro?Estamos impacientes por descubrilo...


Unha cara moi enfadada...Nós sabemos moi ben que é eso de enfadarse, xa que nos pasa moitas veces.


Unha tesoira rota...a nós tampouco nos gusta nada que rompan as nosas cousas e cando pasa eso enfadámonos moito!


As ideas que saíron cando viron isto foron moitas: herba, unha flor, unha gota de chuvia, un paxaro...

 

Uns puzzles onde se ve que cando facemos algo mal aos demais, enfádanse e, pola contra, se os queremos moito, estamos todos moi contentos.

E ademmais na caixa había tres contos que xa vos ensinarei cando os vaiamos lendo na aula.

E xa que o monstro de cores está vermello, pois imos pintar ao noso monstro de cor vermella.


  

XA TEMOS 5 ANOS!!!

A semana pasada celebramos na aula o cumpreanos de Dani e de Adrián.
Cómo lles gusta cumplir anos!!! Para eles este día é moi especial...Nótase, non?




MMMMMMMMMM...que boa estaba a tarta que nos preparou a súa avoa.