fondo

viernes, 7 de abril de 2017

Plantando verzas!!!


Hoxe o papá de Iria convidounos a visitar o seu invernadoiro. Alí ademáis de botarlle un vistazo ás leitugas que comemos no comedor, plantamos verzas rizadas. Encantounos traballar coa terra.





E aproveitando que de volta ó cole pasamos por cerca do parque, fomos merendar alí e rematamos a mañá xogando. 





Foi unha mañá do máis entretida!!!





Feliz cumpreanos Alba!!!

Onte Alba Varela cumpriu 5 anos, trouxonos un bizcoito que fixo coa súa mamá que estaba boísimo. Moitas felicidades Alba!!!

viernes, 31 de marzo de 2017

Somos grandes diseñadores de xoias...

Este ano participamos nun novo concurso,no cal tivemos que diseñar unha xoia para mamá!!Mirade qué artistas os vosos pequenos!
Se hai algún gañador,un xoieiro dáralle forma a ese diseño e farannos entrega da mesma.
Non sabemos se chegaremos a gañar algo,pero o que temos claro é que o importante é participar...

Felicidades!!!

Esra semana tivemos aoutro neno de cumpreanos!Esta vez tocoulle a Pablo.Parabéns!!!

lunes, 27 de marzo de 2017

Excursión á casa das ciencias...

Aquí vos deixo u has pouquiñas fotos do día da excursión para que podades comprobar o ben que o pasamos.
Xogamos cos experimentos da casa das ciencias,fomos ao planetario,vimos unha película en 3D,que por certo,encantoulles!!!E xa,para rematar o día,fomos comer aun parque,aproveitando que tivemos un día estupendo.
E xa de volta no cole,o día seguinte fixemos un debuxos sobre a nosa excursión:uns debuxaron o momento da comida,outros o planetario,outros a casa das ciencias...