fondo

lunes, 23 de septiembre de 2013

Aprendemos xogando


Aquí estamos de novo para amosarvos cánto nos divertimos. Aprendemos xogando, que vos parece?
 

 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 

 



 
 

 
 

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Inicio de curso

 
 
Aquí estamos os peques de 4 anos  para amosarvos os nosos primeiros días no cole!!!

Estamos pasándoo en grande porque pintamos, xogamos, traballamos na pizarra dixital, repasamos contidos e mil cousas mais!!!

Temos unha nova compañeira, moi boíña que enseguida fixo amigos e se fixo querer por todos. Chámase Carla.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o estamos a pasar!!!


 

miércoles, 4 de septiembre de 2013





Moi boas familias!!!!

Aquí estamos de novo, xa queda pouco para que os pequechos volvan a rutina diaria. Estamos preparando todo para recibilos como se merecen.

Esperamos que nos sigades, polo menos igual que o ano pasado e que continuedes sendo tan participativos.

En breve volveredes ter noticias dos cativiños do Pichel.

Benvidos a todos!!!!

miércoles, 19 de junio de 2013

Revista Escolar

Estamos aquí de novo para amosarvos a revista do noso cole, chámase "Asubíos" e en ela podedes ver as actividades mais representativas deste curso.
 Asubíos está colgada na páxina web do cole. Podedes entrar a través deste enlace. Esperamos que vos guste.

http://www.edu.xunta.es/centros/cpialcaldepichel/

martes, 18 de junio de 2013

Xuntanza de fin de curso

 
 
 
 


Xa para rematar o curso, déixovos este vídeo da xuntanza que tivemos o pasado venres para celebrar o día da familia. Día,  que non  puidemos celebrar o 15 de maio dadas as condicións climáticas.

Foi unha mañá estupenda e pasámolo en grande. Fixemos un pouco de todo: talleres, carreira solidaria e xogos populares.

 
 
 
 
 
E ata aquí os post deste curso. Para o ano mais e mellor, desfrutade moito das vacacións e vémonos á volta.
Moitas grazas por todo o voso apoio e colaboración.
 

martes, 11 de junio de 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

GOLPE-GOLF
 
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
 
EDUCACIÓN INFANTIL: 4 ANOS
 
O curso remata e, como xa sabedes familias, celebrámolo todos xuntos cunha fermosa e ben divertida  EXCURSIÓN. Disfrutamos un montón! Ahí van as fotiños dese día dos cativiños de 4 anos: