fondo

jueves, 24 de abril de 2014

O Día do libro en 4 anos


Boas de novo!!! 
Aquí vos deixo as imaxes do día do libro. Coma sempre sacamos a biblioteca ao patio e os maiores leron libros aos mais pequenos. A pena é que neste caso tivemos que facelo no patio cuberto, xa que para variar, o tempo non nos acompañou. Aínda así disfrutamos somerxéndonos no marabilloso mundo dos libros.


viernes, 18 de abril de 2014

Paiasos de primavera

Como a primavera parece que chegou, non era sen tempo!!!,  aproveitamos para  facer una nova sesión de paiasos de primavera. Como disfrutaron facéndoo e logo mirándose no espello para ver o guapos que estaban.
A verdade é que  quedaron todos monísimos!!!


Espero que vos gusten!!!!!




















A prehistoria en 4 anos


Na semana cultural leváronse a cabo diferentes actividades, entre elas, a que agora vos amoso. 
Quixemos saber o que era pintar coma os prehistóricos e nunca mellor dito só nos faltaban as peles para aguantar o frío porque o carbón xa o tiñamos. Manchámonos un pouco pero bueno, o que conta é que experimenten   non?







A prehistoria en 4 anos


 Despois duns días de descanso toca poñerse á faena outra vez. Neste caso amósovos unha actividade que fixo o profe Suso.  Aspirando tiñan que pescar, como na prehistoria, pero neste caso papeis, e sorprando ían á caza do mamut. Encantoulles á actividade.














jueves, 27 de marzo de 2014

A prehistoria en 4 anos




Esta semana andamos algo atarefados co tema das avaliacións, as notas, as carpetas… por iso non houbo entradas. Agora que xa todo está listo déixovos imaxes da Cova da Traba.

Os nenos xa me dixeron que queriades vela e por suposto que a veredes pero primeiro temos que organizar todo porque aínda estamos rematando de pintala.
















A  maiores da cova tamén vos deixo as novas aportacións ao proxecto:


 Ángela: trouxo un recorte dunha revista no que aparece un fósil de mamut.

Álvaro: aportou unha “antorcha que lle axudou a facer o avó Herminio e mamá.  










Xa para rematar déixovos as fotos da pintada da cova da Traba que fixemos hoxe: