fondo

lunes, 19 de octubre de 2015

Proxecto protagonista


A Protagonista da semana
       Un ano mais estamos aquí para comezar un dos proxectos mais fermosos que tiven oportunidade de levar a cabo. Fermoso polo especial que fai sentir aos pequenos/as e fermoso polo vínculo que se crea entre vos e a escola. Espero que o tomedes con ilusión e que veñades a participar na semana do protagonismo dos vosos fillos/as porque nunca o van a esquecer.
Espero que desfrutedes tanto coma min!
     Esta semana tócalle o turno á pequecha Nerea. Hoxe fixo a coroa. Tanto lle gustou que quería levaba para a casa escondida na chaqueta, pero pilleina. Jajajaja!!! Xa lle expliquei que o venres a levaría, espero habela convencido.
Aquí vos deixo o que fixo hoxe.




Martes:
O martes foi o día de amosar as fotos. Nerea estaba moi nerviosa e emocionada, ela amosaba e amosaba sen falar nada, jajajajajaj!!! Tiven que tirarlle da lingua insistentemente pero a verdade é que a súa cara o dicía todo.


 Mércores:

O mércores foi o día de amosar as pertenzas favoritas da prota. Tamén foi parca en palabras pero de novo a cara foi o reflexo da alma.
O que si nos dixo foi que estaría encantada de compartir as súas cousiñas con todos nos. Que amor de nena!!!
O seu conto favorito son os tres porquiños, os xoguetes que mais lle gustan son os puzzles e as bonecas e a súa ropa favorita son os vestidiños. 



Xoves:

Hoxe foi un día máxico, dúas das persoas mais importantes na vida da prota viñeron á aula para darlle unha sorpresa. Que cara lle quedou a Nerea!! Quedou toda cortadiña e muda, muda de todo!!! Pouco a pouco volveu en sí e todo foi rodado. 

Mamá leunos o conto favorito da prota e o irmán… que me decides? Pode ser mais agarimoso? que relación mais bonita se palpaba!!!! 

 Despois da lectura chegou o momento de meterse en fregados!!! Tiña a un irmán e a unha nai abertos a facer calquera cousa así que o aproveitei e axudáronme a facer as pegadas da prota. O irmán pintoulle os pés e a nai as mans. Nerea estaba entre encantada e asombrada, jajajajaja!!!! Tamén lle pintamos os beizos e quedou guapa, guapa!!!!



Para rematar esta fantástica xornada Susana, Álvaro e Nerea repartiron unha chocolatina entre os nen@s e deixaron outro regaliño para un día que se porten moi ben!!!! Jajajajaj!!!!


Este foi o boísimo resultado da chocolatina!!! Mmmmmmm!!!!!

Chegados a este punto solo me queda dar as grazas a Susana e Álvaro polo ben que o fixeron e o alto grado de implicación e á miña pequena PROTA por vivilo con esa ilusión. 
Moitas grazas familia!!!!