Pensabades que me esquecera de vós? Pois non, aquí estou de volta para deixarvos un video que elaborei onde podedes disfrutar da festividade da paz e a o de entroido...neste video uno tamén a celebración do cumpreanos de Jaime que tamén se celebrou por estas datas.
Espero que vos guste moito!
Un saudiño e ata pronto!
- A
verdade é que traballando dentro dunha aula poden pasarche multitude de cousas
anecdóticas pero isto éa primeira vez
que me pasa, celebrar un cumpreanos sen o homenaxeado.
O pobre Miguel empezou coa varicela e como xa
tiña a tarta encargada mandóunola ao
cole. Moitas grazas pola tarta Miguel, gustounos moito.
Os teus compañeiros queren agradecerche o
detalle e desexarche que te poñas boíño axiña.
Un bico peque!!!!
Aquí coa túa tarta!!!!
Quixemos soprarche a vela, xa que ti non puideches!!!
Iniciamos unha nova semana e con ela un novo protagonista, nesta ocasión é o turno de MANUEL.
Feliz semana a este pequecho e á súa familia.
Luns:
Hoxe tocou facer a coroa. O prota elixiu a cor azul e a
amarela pero fixo tal mezcolanza que ao final a coroa quedou verde. Jajajajaja!!!
Para a decoración escolleu corazóns.
Ollade canto traballou!!!!
Martes:
Hoxe Manu escolleu amosar os xoguetes, as
fotos deixámolas para mañá.
O prota trouxo unha pala que deixou aos peques
coa boca aberta, moitos contiños, unha sudadera de spiderman e un puzzle de
letras dos que lle gustan á profe. Jajajaja!!!
Agora estamos desexando empezar a xogar con
todo isto.
Mércores:
Hoxe tivemos a gran sorte de ter connosco a Álvaro
e María, o irmán e a nai de Manuel. Que alegría levou o homenaxeado. Canto riu
con todo o que fixeron e que cariña de ilusióne felicidade se lle vía.
María e Álvaro fixeron un teatrillo. María
presentaba as personaxes e Álvaro lía á perfección o conto (que orgullo). A
continuación traían preparada unha ficha para que os nen@s a coloreasen. De
seguido fixeron rir a gargalladas a Manu cando lle pintaron as mans e mailos pés
e por último repartiron un agasallo para os peques.
Moitas grazas María e Álvaro por todo o que
currastes para sorprender a Manu e ao resto dos nen@s e moitas grazas por toda
a ilusión depositada.
Xoves:
Hoxe
tocou amosar as fotos e Manuel fíxoo con moito desparpajo. Ollade!!!
O luns a sorpresa da profe para este gran prota!!!
Vimos de festexar o entroido por todo o alto e no Pichel non quixemos ser menos. Este ano como novidade celebrámolo cos compañeiros de secundaria e a verdade é que foi toda unha experiencia. Aos peques gustoulles moito ver aos maiores e viceversa. Para o ano mais e mellor.
Fai uns días celebramos o día da
paz. Todos os alumn@s do centro saímos ao patio a cantar a canción de “Apertas
que voan”. Ao rematar fixemos unha solta de globos con mensaxes alusivos ao día.
Ollade que bonito!!!
Como tódolos luns toca facer a coroa. A prota disfrutou moito neste traballo e esforzouse aínda mais. Eso sí, o de ir primeira na fila dalle igual, cando a avisaba viña correndo pero antes nada de nada. Os meus profesores da facultade sempre me dicían que cada neno ten o seu ritmo e que duda cabe, jajajajaj!!!!!
Martes:
Iris tiña moi claro que ela o que quería era amosar os seus xoguetes. Que ilusión lle fixo. A súa cara dicíao todo. Ollade!!!
Mércores:
Hoxe foi o día mais especial da semana xa que tivemos a
sorte de contar coa familia de Iris, nin mais nin menos que a mami, a madriña e
Alba (a prima de Iris que ela di que non é súa prima, que é Alba, jajajaj!!!)
Cando apareceron, a cara de Iris encheuse de luz e o seu
pequeno corpo encheuse dunha forza que a levou a organizar toda a sesión. Que
decisión e carácter ten este escaravello.
Vane, madriña e Alba viñeron a interactuar cos nenos e
nenas e cantaron unha canción, contaron
varios contos e entregaron un agasallo.
Grazas familia por todo o que aportades a este proxecto e
por facer tan felices aos peques vindo a visitarnos.
Xoves:
Onte foi o día de amosar as fotos e facer as pegadas. A
prota disfrutou un montón. Ollade e veredes!!!
O xoves, á volta das vacacións, o agasallo da profe.