fondo

miércoles, 15 de marzo de 2017

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado venres fomos de excursión á Coruña, pasámolo xenial!!!! E como unha imaxe vale máis que mil palabras aí vos deixamos unhas cantas imaxes para que o poidades comprobar por vós mesmos.

martes, 14 de marzo de 2017

Vaia sorpresa!!!!

Onte recibín unha grande sorpresa e quedeime sin palabras...teño unhas familias xeniais e que decir dos meus pequenos...que o ano que ven botareinos moito de menos.Quédame a ilusión de seguir falando con eles poloscorredores do cole e ver como cada día se fan máis maiores.
Moitas grazas familias,un pracer compartir con todos vos estes 3 anos na miña carreira profesional.Un biquiño para todos, onte éradesmoitos e non podía repartir tantos...jijiji,por aquí é moitomáis doado...

lunes, 13 de marzo de 2017

Un entroido de película!!!

Aínda que con un pouco de retraso deixámosvos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos o pasado entroido no cole. Da man de Star Wars vivimos un entroido de película!!!


Parabéns Lois!!!

O pasado venres o noso compañeiro Lois cumpriu 5 anos, pero non o poidemos festexar por todo o alto porque fomos de excursión, así que deixamos as celebracións para hoxe. Moitísimas felicidades Lois!!!


miércoles, 8 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e quixemos rendirlle unha homenaxe a algunha das mulleres máis importantes da nosa vida, aí vos deixamos o resultado, esperamos que vos guste.

lunes, 6 de marzo de 2017

Felicidades!!!

Uns días antes do Entroido, celebramos o cumpreanos de Elena e de Mateo Porteiro. Qué maiores!!!



lunes, 20 de febrero de 2017

"COÑECEMOS A PACHI" (5 ANOS)


Este tempo temos un pouco abandonado o blog, pero eso non quere dicir que na clase non sigamos traballando co noso proxecto de "Coñecemos a Pachi".
Xa descubrimos que antes no Universo non había nada, solo unha boliña do tamaño dun guisante que fixo unha explosión, dando lugar á orixe do Universo, o que coñecemos polo Big Bang. Os nenos/as entenderon moi ben a idea.

Agora que xa sabemos como se creou o Universo comezamos a investigar sobre todas as cousas que hai alí: planetas, satélites, os buratos negros…e os nenos/as comezaron a traer moitas cousas que nos serviron para comezar a investigar.




Na hora do conto fomos lendo todo esto e descubrimos que os planetas  no espacio móvense. E buscando en internet coñecimos dúas palabras novas para añadir ao noso vocabulario en relación co noso planeta Terra: o movemento de rotación e o de traslación.
O de rotación da lugar a formación dos días e das noites e tarda un día enteiro en dar unha volta completa.
Mentras que o de traslación da lugar a formación das catro estacións e tarda 1 ano enteiro en que a Terra de unha volta completa ao Sol.
Estos días estamos a traballar estos conceptos na clase, imos comezar a facer una manualidade sobre esto que nos vai permitir visualizar perfectamente estes dous movementos que fai a terra.
As maquetas que fixeron os nenos/as, axudáronnos a comprender e visualizar estes dous movementos da Terra.






Ademáis, Lois, un compañeiro da clase de 4 anos, trouxo un conto que fixo coa súa familia que era unha chulada.



Nel descubrimos o primeiro home e a primeira muller que viaxaron ao espazo e tamén o primeiro home en viaxar á Lúa, Amstrong, que xa o coñecíamos.
Coñecimos a Laika, o primeiro animal en viaxar a Lúa, cánto nos gustou esta noticia, aínda que logo nos puxo triste o final que tivo Laika nesta viaxe. Investigando en Internet, descubrimos que non é de todo certo que fora o primeiro animal, o primeiro foi un mono, chamado Albert.


No recuncho de arte. Estivemos facendo debuxos sobre o espacio…



Proximamente, seguirémosvos ensinando máis cousas que fomos descubrindo!!!Ata pronto!!!