fondo

viernes, 31 de marzo de 2017

Somos grandes diseñadores de xoias...

Este ano participamos nun novo concurso,no cal tivemos que diseñar unha xoia para mamá!!Mirade qué artistas os vosos pequenos!
Se hai algún gañador,un xoieiro dáralle forma a ese diseño e farannos entrega da mesma.
Non sabemos se chegaremos a gañar algo,pero o que temos claro é que o importante é participar...

Felicidades!!!

Esra semana tivemos aoutro neno de cumpreanos!Esta vez tocoulle a Pablo.Parabéns!!!

lunes, 27 de marzo de 2017

Excursión á casa das ciencias...

Aquí vos deixo u has pouquiñas fotos do día da excursión para que podades comprobar o ben que o pasamos.
Xogamos cos experimentos da casa das ciencias,fomos ao planetario,vimos unha película en 3D,que por certo,encantoulles!!!E xa,para rematar o día,fomos comer aun parque,aproveitando que tivemos un día estupendo.
E xa de volta no cole,o día seguinte fixemos un debuxos sobre a nosa excursión:uns debuxaron o momento da comida,outros o planetario,outros a casa das ciencias...

Parabéns Nerea!!!

Hoxe celebramos o cumple de Nerea Canosa. Tróuxonos un bizcoito ENORME!!! Pero estaba tan rico que case o comemos todo 😋.
MOITAS FELICIDADES NEREA!!!!

lunes, 20 de marzo de 2017

Día de Rosalía de Castro



Hoxe Lucía e Elena contáronnos que esta fin de semana foron visitar a casa de Rosalía de Castro e os nenos/as recordaron a poesía que cantamos na biblioteca do noso centro, o día de Rosalía de Castro. Esta poesía leva por título "No bico un cantar", ollade que ben o fixeron!




https://www.youtube.com/watch?v=IgJpgYcngMc

miércoles, 15 de marzo de 2017

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado venres fomos de excursión á Coruña, pasámolo xenial!!!! E como unha imaxe vale máis que mil palabras aí vos deixamos unhas cantas imaxes para que o poidades comprobar por vós mesmos.