-
Outra semana mais, regresamos co proxecto do protagonista. Neste caso tócalle o turno á
doce Nuria.
Luns:
Hoxe
tocou sacar a foto coas mascotas e facer a coroa.
Nuria pasouno en grande estivo moiiiiiii animada e ilusionada.
Martes:
Pola
mañá tocou amosar as fotos. Fíxooo moi ben e amosouse
moi, moi contenta. Moi ben ruliña!!!!!
Ademais,
e aproveitando que estamos co reparto de froita, foi a encargada de repartir os
plátanos para tódolos alumnos de infantil. Cánto
traballou hoxe!!!!
Seguimos
co Martes. Pola tarde veu a gran sorpresa, non foron unha,
nin dúas,
tres mulleres Regueira viñeron a sorprender a Nuria.
Qué
felicidade, que risa nerviosa!!!!
Non
pararon, primeiro Adri
(a irmá
de Nuria) e Laura (prima de Nuria) leron o conto
e logo coa axuda de mami decoraron unha tarta.
Mmmmmmm!!!!!! Que pinta!!!!! Canto disfrutaron poñendo as gominolas no
doce!!!! Non tendes mais que verlles as caras. Pero isto non acaba aquí,
fixemos unha festa degustando a tarta, logo veu a SUPER PIÑATA e logo os regaliños.
Todos
o pasamos moi, moi ben. Moitas,
moitas grazas a María, Adri e Laura por vir a visitarnos e
amenizarnos a tarde. Ademais Laura foi alumna miña e foi como lembrar
vellos tempos. Unha nena para comela.
Mércores:
Toca amosar os xogos, xoguetes, roupa… todas as
cousas preferidas da prota. Mira que trouxo cousas!!!!! Mi madriña!!!!!! O
mellor é que disfrutou
un montón amosándoas e non tivo ningún reparo en compartilas. Moi ben
pequecha!!!!!
XOVES:
O xoves, coma sempre, tocou deixar as pegadas. Qué cóxegas!!! Pasouno en grande. (desculpade polo retraso)
E ata aquí o reinado desta pequecha tan feita. Hoxe entrega de
libro. Espero que vos guste familia!!