fondo

jueves, 27 de marzo de 2014

A prehistoria en 4 anos




Esta semana andamos algo atarefados co tema das avaliacións, as notas, as carpetas… por iso non houbo entradas. Agora que xa todo está listo déixovos imaxes da Cova da Traba.

Os nenos xa me dixeron que queriades vela e por suposto que a veredes pero primeiro temos que organizar todo porque aínda estamos rematando de pintala.
















A  maiores da cova tamén vos deixo as novas aportacións ao proxecto:


 Ángela: trouxo un recorte dunha revista no que aparece un fósil de mamut.

Álvaro: aportou unha “antorcha que lle axudou a facer o avó Herminio e mamá.  










Xa para rematar déixovos as fotos da pintada da cova da Traba que fixemos hoxe:






 



lunes, 24 de marzo de 2014

A prehistoria en 4 anos



Estes días andamos algo liados coas avaliacións pero non podemos esquecernos de todos os que non puidestes ler a  “voz de Galicia” este sábado.
O sábado amencemos coa alegre noticia de que  adicaban unha folla COMPLETA ao noso proxecto, ao de todos, porque todos conseguimos isto.
Moitas grazas a todos os que dalgunha ou outra forma axudastes a darlle forma a isto. 
Se queredes ver a edición dixital da Voz, premede no seguiste enlace:  A prehistoria no Pichel

martes, 18 de marzo de 2014

A prehistoria en 4 anos

Moi boas familias!!!

Aquí seguimos coa prehistoria a voltas. Este proxecto está dando moito, moitísimo  de si , así que, no terceiro trimestre continuaremos con el. Aínda nos queda moito por descubrir.

Andamos un pouco atrasados na programación  e aínda estamos acabando co Homo Sapiens.  Para a semana xa empezamos co Neolítico fijooooo!!!!

Vós, como sodes moi traballadores xa empezastes a traer cousiñas deste novo  período e outra vez sigo alucinado e agradecéndovos a vosa participación. Mil grazas de corazón!!!! Non só polo que aportades á aula, senón polo que lle estades a aportar aos vosos peques que dá gusto ver a cara de satisfacción e emoción coa que amosan as súas  aportacións. Que pasada!!!

Bueno, é dito esto, paso ao que en verdade importa, as aportacións dos pequenos. Neste caso amósovos as cousiñas de Álvaro, María e Carlos.

Álvaro: 


María:










 Carlos: 






Chegados a este punto comentarvos que hoxe tivemos unha gran sorpresa!!!. O profe Javi quixo tamén facer unha aportación ao proxecto, regalounos unha boneca prehistórica fermosísima e firmóunola para que nunca nos esquezamos del. Grazas profe Javi. Encantounos o detalle. 




Por último amosarvos os nosos colares prehistóricos, de cunchas!!! Non son tan bonitos como os que trouxeron da casa pero polo menos son coloridos. jajjaja!!!




domingo, 16 de marzo de 2014

A prehistoria en 4 anos


Moi boas familias!!!

O meu ordenador xa volveu á vida, así que, xa podo adiantarvos todo o que andivemos a facer estes días.
    - Fixemos traballo de mesa: fichiñas sobre a evolución dende o Australopithecus ata o homo sapiens.

    - Tivemos novas aportacións: Álvaro trouxo un muíño manual co que os homes e mulleres do Neolítico moían o cereal. Teño vídeo pero subireino outro día. Carlos tamén dixo que atopara unhas covas prehistóricas en Razo e tróuxonos foto e todo!!! Jajajajaj!!!!

    - Estampamos a nosa man na cova e fixemos as pinturas rupestres para deixar o testemuño da nosa presencia. Jajaja!!

    - Algúns profes fixemos unha SUPER Cova en todo o pasillo onde faremos moitas cousas que ainda non vos vou adiantar. Nesta SUPER Cova colocamos os diferentes “Homos” que estamos a ver. Estivemos traballando un pouco de matemáticas facendo comparacións.

As aportacións: 

 A pegada das mans e pinturas rupestres:







Usamos o libro o Bestiario da prehistoria para facer as nosas pinturas


Traballamos as matemáticas:


Cómo veredes non fomos moi fieis coa realidade á hora de facer as pinturas. Houbésenos gustado empregar carbón, colorantes… pero a nosa cova non ía resistir ese envite. jajajaj!!! 

Ata a próxima…!!!!