Moi Boas
familias!!!
Antes de nada
pedirvos desculpas pola tardanza pero a verdade é que motivos persoais non me
deixaron estar tan ao día como me houbese gustado. Aclarado isto preparádevos porque imos aló. Temos
moitos temas atrasados:
- Día de Rosalía
- Entrega do corazón de Carlos
(Carolina estivo enferma e non puido darllo).
- Novas aportacións ao proxecto da
prehistoria.
- Entroido
Espero que con isto
esteades un anaquiño entretidos!!!.
Día de Rosalía:
Este día
festexámolo no centro, levando a cabo diversas actividades. Empezamos por facer
un puzzle na aula e logo acudimos a un
recital no que o alumnado de primaria nos falou e nos representou diversas
obras desta grande da nosa cultura.
O Corazón de Carlos:
O deste cativo é
moito. Non só lle entregou o seu corazón a Carolina, fixo algo mais, mirade o
vídeo e veredes…
Aportacións ao
proxecto da prehistoria:
Seguimos con novas
cousiñas neste fantástico proxecto. Estamos rematando o paleolítico, chegou o
momento de coñecer ao Homo Sapiens, o
chamado “home Sabio”. Con el floreceu a prehistoria por dicilo dalgún modo . A
principal diferenza coas outras especies do xénero Homo, son as súas
capacidades mentais. O Sapiens é consciente de si mesmo, do seu pasado, da súa
condición mortal; pode planificar, desenvolver pensamentos abstractos… as pinturas rupestres de Altamira, de Lacaux
en Francia, as agullas de óso, as ferramentas precisas e moitas outras cousas
que iremos vendo son obra súa.
Para que os peques puidesen
plasmar todo isto, e en colaboración con algún dos meus compañeiros, fixen unha
cova. Déixovos o vídeo para que vexades as súas caras:
Rematado o
paleolítico, chega o momento do Neolítio e Álvaro xa nos trouxo exemplos deste
período da prehistoria.
Entroido
E como estamos tan
metidos neste proxecto, non podíamos mais, que disfrazarnos de trogloditas. Pasámolo en
grande!!!
Grazas a todos aos
que puidestes vir e mil grazas a todos por participar tan activamente coa
escola!!!
Cantas cousas!!!
ResponderEliminarBueno, vou empezar por Carlos, ainda que non sei moi ben que dicir...jajjajaa!! Simplemente...que o teño enamoradíiiisimo! Jajajja! Que graciosos!!
Sigo con Alvaro, menudo artistazo está feito! Que ben! Parabens por todo ese traballo!
E parabens tamén a profe e ós compañeiros que a axudaron, menuda cova! Non me extraña que os peques alucinaran, tamén alucinamos nos cando a vimos, que chulada!!
E xa por último, dicirvos que estabades tod@s guapísim@s co disfraz.
Ah!!! E o de participar co cole, gracias a vos por facelo posible!!
GUAPOS,GUAPOS Y GUAPOS.!!!...Cantas cousas,e eu que me emocionei e todoooo.
ResponderEliminarLauriña,hai que ter cuidado,que lanzados...jajaja,estan moi graciosos os dous.E que cova mais chula,eu a pesar de non poder ir o venres tiven a sorte de podela ver,si que é chula,impresionoume a min, imaxinome a eles que miden como medio metro menos,que pasada!!!.Gracias Rocio polo teu bo facer e as entendernos tantas veces.
Un placer mamis, xa o sabedes!!!!
ResponderEliminarTremenda entrada profe!!
ResponderEliminarQue bonito o vídeo de Carlos e Carolina, jaja!! Laura que o teu neno está namorado de verdade!! Vaia bico que lle deu a Carolina, jajaja!!
As novas aportacións de Álvaro como sempre chulísimas.
A cova é unha pasada, que ben se está alí sentado ao lado do lume!!
Parabéns profe! Grazas por deixarnos subir a vela!
Igual que Laura tamén vos digo a todos que estabades moi guapos! Canto me pesou non disfrazarme ese día e iso que Laura e eu o falamos.
Mil grazas por todo profe!!! é un pracer poder colaborar en todo o que poidamos.
Bueno, los padres se lo curraran pero la profe no se queda atrás. Vaya cueva tan acogedora!!! con fuego de estrellas y todo jaja.
ResponderEliminarY de Rosalia que decirte. Palabras textuales de Noa "foi unha nena que chorou moito polo noso idioma".
Estabais todos muy graciosos vestidos de trogloditas, alguno hasta daba miedo y todo. Y eso si que son peces no como los que llevaban hechos de casa (el mio por lo menos), el único decente que llevó Noa fue el del último dia porque le dibujé sólo la espina.
Gracias Rocio por compartir tantas cosas de nuestros hijos con nosotros