fondo

jueves, 18 de diciembre de 2014

Chega o Nadal...

Ola familias!!!
Durante todo este mes traballamos moito para que nos dera tempo a rematar todas as cousas do Nadal.
Fixemos unhas árbores preciosas,as postais, os adornos para a nosa panxoliña...e por suposto os ensaios, que foron moitos!Uns saíron peores e outros mellores...jajaja.Mañán é o gran día e estou segura de que vai ser todo un éxito.
Hoxe como premio de todo este esforzo fixemos unha festa na aula para despedir o ano 2014...con campanadas,brindis,música...no faltou de nada!E os nenos pasárono en grande.

Escoitamos as campanadas, pero en vez de con uvas, con gusanitos que nos gustan máis.Logo fixemos un brindis...e por último bailamos e cantamos moitas panxoliñas.

Os nenos/as disfrutaron moito e non podedes imaxinar o ben que se portaron, que ata foron capaces de esperar sin comer ningún gusanito mentras eu non rematara de repartirllos a todos.

Moitas gracias aos nenos/as polos grandes momentos vividos, ás familias por implicarse tanto e colaborar e, por suposto, a María que foi unha grande axuda durante todo este tempo.Con moita pena mañán toca despedila.

Disfrutade moito do festival e BO NADAL a todos.


lunes, 1 de diciembre de 2014

Protagonista da semana...JAIME

Hoxe tócalle a Jaime!E q ilusionado está.Hoxe xa quería ensinarnos as súas fotos, pero mellor reservámolo para mañán.
Encantoulle ensinar todos os xoguetes q trouxo na súa caixa, pero as cousas q lle produciron moita ilusión, foi a roupacde cando era bebé...encantoulle!
Agora, tócache disfrutar moito!  
Con un pouco de retraso, pero aquí tedes o vídeo de Jaime: