fondo

jueves, 18 de diciembre de 2014

Chega o Nadal...

Ola familias!!!
Durante todo este mes traballamos moito para que nos dera tempo a rematar todas as cousas do Nadal.
Fixemos unhas árbores preciosas,as postais, os adornos para a nosa panxoliña...e por suposto os ensaios, que foron moitos!Uns saíron peores e outros mellores...jajaja.Mañán é o gran día e estou segura de que vai ser todo un éxito.
Hoxe como premio de todo este esforzo fixemos unha festa na aula para despedir o ano 2014...con campanadas,brindis,música...no faltou de nada!E os nenos pasárono en grande.

Escoitamos as campanadas, pero en vez de con uvas, con gusanitos que nos gustan máis.Logo fixemos un brindis...e por último bailamos e cantamos moitas panxoliñas.

Os nenos/as disfrutaron moito e non podedes imaxinar o ben que se portaron, que ata foron capaces de esperar sin comer ningún gusanito mentras eu non rematara de repartirllos a todos.

Moitas gracias aos nenos/as polos grandes momentos vividos, ás familias por implicarse tanto e colaborar e, por suposto, a María que foi unha grande axuda durante todo este tempo.Con moita pena mañán toca despedila.

Disfrutade moito do festival e BO NADAL a todos.


4 comentarios:

  1. Qe ben o pasaron todos decia dani o reloj facia tolon tolon jaja . Noraboa polo ben qe o fixeches no festibal agora toca descansar e por suposto a profe porqe este trimestre fixo cousas moi bonitas cos nosos fillos .Solo desexarvos a todos qe pasedes unhas boas festas

    ResponderEliminar
  2. jaja, Lucía saíu moi contenta dicindo que fixérades a festa de fin de ano. Viña moi feliz co seu matasogras porque lle encantan!! Seguro que o pasaron de marabilla e lles serviu para relaxarse despois do axetreo destes días.
    A verdade é que traballástes moito estre trimestre e non sei como vos dou tempo a facer todas esas cousiñas. Encantounos ver a carpeta con todo o traballo da nosa peque e Lucía está desexando facer o libro de tarefas para as vacacións!!! jaja
    O voso traballo é digno de admirar porque con tantos nen@s supoño que non será sinxelo. Graciñas Lorena e María!!!
    Onte, cando chegamos ao coche despois de marchar, Lucía estaba tristeira e cando lle preguntei por que estaba así díxome: "Mami, María vai volver despois das vacacións, verdade?" Díxenlle que tiñas que seguir estudando para ser mestra e que non podías seguir no cole e non quedou moi convencida. Creo que segue pensando que volverás. Supoño que será moi gratificante sentir o cariño dos nen@s e iso significa que, como poñía no libriño que che regalaron os peques, deixaches pegada neles. Noraboa e moita sorte!!!
    E despois deste discurso, desexarvos a todos unhas felices festas e vémonos en xaneiro!

    ResponderEliminar
  3. Sentir o cariño dos nenos é realmente gratificante, pois non hai cariño máis sincero que o seu. Son personiñas que che rouban o corazón. Tamén é moi gratificante comprobar como aprenden e melloran cada día, crea unha gran satisfacción persoal polo traballo dedicado.
    Agradézovos moito ao centro, ás familias e, por suposto, á titora que me permitírades formar parte desta experiencia que sen dúbida deixou pegada en min. Tedes uns nenos extraordinarios e están rodeados de grandes profesionais, profesionais implicados e preocupados pola súa labor, pola educación que reciben os pequenos e por cubrir as súas necesidades, por responder as súas ganas e ansias de aprender, por manter viva a súa curiosidade e crearlles novas ilusións. Grandes profesionais.
    Felices festas familias!!
    Felices festas profes!!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas a vós por ensinarlle tantas cousas aos nosos fillos.
    O festival estivo de marabilla e fixérono xenial!
    Elena xa ten ganas de volver ao cole e segue dicindo que a profe María vai estar, que non marcha!! Tenlle moito cariño e acórdase moito nestas vacacións das dúas .
    Desexarvos a todos un feliz ano novo!

    ResponderEliminar