Boas familia!!
Despois duns días descanso, volvo á carga, coas
pilas ben cargadas!!!
Os últimos días andabamos algo atarefadas e foron
moitos os acontecementos que quedaron no tinteiro. Tomade asento, collede
mantiña e a gozar co que fixeron os vosos peques!!!
Empezamos polos
Robots!!!
Aquel proxecto que planeabamos facer, ao final
quedou en nada. O profe Tucho non quixo deixarnos coa mel nos beizos e montou
uns robots cos alumnos e alumnas de secundaria que amablemente nos deixou
probar. Pasámolo moi ben!!! Grazas profe Tucho!!!
A compañía Baobab, veu a presentarnos bailando con
contos. Estivo bastante entretido, pero gustounos mais “Martes”
Coma tódolos anos, gústanos ser
solidarios, e grazas a vós, esta actividade sempre resulta un gran éxito.
Moitas grazas por todo o que colaborastes con esta causa!!!
Esta visita nunca
defrauda!!!
Canto aprendemos, que
ben o pasamos e que ben nos tratan sempre!!!
A verdade é que esta
xente, ten un equipo fantástico que adora o seu traballo e demóstrao con un
cariño inmenso.
Mil grazas por todo a
toda a xente da Roiser!!!!
Este é un instrumento de orixe xaponés, chámase Kamishibai ou teatro de papel. Os nenos gozaron tanto escoitando coma min contándoo.
Achegámonos ao final. É o momento
da ilusión depositada nunha carta. Que nervios por escribila ben, que o debuxo
estivese ben feito… en fin, que vos vou contar que non saibades. Ogallá esta
ilusión non desapareza nunca dos seus ollos.
Como colofón, a gran festa, o día
esperado, o día dos nervios…
Saímos todos tan contentos!!!
E despois disto só dicirvos que espero que pasarades unhas boas festas e que recargarades pilas que boa falta nos vai facer!!
Boa volta familias!!!
Feliz año! pedazo regalo que nos han dejado los Reyes en el blog, todo lo que hicieron nuestros hijos a finales del primer trimestre. A Noa ademas de los regalos, le dejaron tambien la gripe y la pobre se perdio los primeros dias de clase.
ResponderEliminarEn Roiser lo debieron pasar en grande, ensuciandose sin que nadie les riñera jaja.
El villancico muy rockero, lo hicieron muy bien, Samuel toca la guitarra que ni que fuera de verdad
Ya estamos preparados para ver que nos depara este nuevo trimestre
Cantas cousas!! Carlos estivo vendo a entrada onte, que pena lle quedou por non ir ver os robots! (Xa lle expliquei que por eso é moi importante ter ganas de ir todos os días ó cole, nunca un sabe o que se vai a facer!!, ainda que cando estamos enfermiños... xa non queda mais remedio que quedar. A ver que tal...jejej)
ResponderEliminarComo me gustou o villancico!!!! e a actuación foi... impresionante!! menud@s artistas que temos mamis jejejej!! bueno, sen olvidarme da encargada da coreografía, que tamén ten o seu mérito!
E como ben di María, preparados para o novo trimestre, que parece que o estamos collendo con ganas, a ver...
Que alegría poder ver o que fixestes!.A verdad e e que están uns artistas feitos.Que guapos estaban, peinado, maquillaxe que pasada!.e por suposto a actuacion moi lograda.Noraboa
ResponderEliminarCantas cousiñas! A visita a Roiser nunca defrauda... Aìnda me acordo cando fun con 4 anos como se fora onte... E algo xa choveu! Jajaja A profe nunca defrauda tampouco cas súas ideas... O teatro de papel e a actuación do festival de Nadal encantáronme! Nótase todo o traballo que hai detrás. Seguide traballando así de ben e sobre todo pasandoo xenial! Un bico enorme
ResponderEliminarCanto traballastes!! A actuación do Nadal encantounos. Tremendos artistas temos!
ResponderEliminarTamén me gustou moito o teatro de papel, vaia música máis bonita lle puxeches o vídeo.
Moitas grazas por compartir tanto coas familias
Grazas a todas polos vosos comentarios, dan ganas de seguir traballando duro!!!
ResponderEliminarA verdade é que foi un trimestre che o de traballo pero tamén de enormes gratificacións!!