A semana pasada pedinvos axuda para que aportarades cousiñas á clase que nos axudaran a investigar sobre a China. Teño que darvos as grazas aos que xa o fixestes, e animar a todos os demais a que o fagades, os cativ@s están encantad@s con todo o que esta aparecendo!!!
Aquí temos todas as aportacións que foron chegando.....
Sabela tróuxonos un paquete de tofu, que provén da soxa, e o conto de Mulán; que aínda que case todos a coñecíamos non sabíamos que era unha guerreira china. Na outra fotografía vémola con varias varas de bambú e un conto titulado: "O reiseñor" que lles encantou!!
Pablo: aportou un libriño con varios debuxos de China: un dragón, os mercados chinos e moitas letras, na portada un agricultor chino recollendo arroz e o seu nome escrito en chino!!
Jorge: veu con fermoso mural con elementos representativos da China: a bandeira, o mapa, un campesiño, o oso panda, entre outras moitas cousas....
Antía: apareceu cun dragón feito de reciclaxe cos envases dos ovos!! e explicounos os pasos que seguiu para facelo, ademais outro día tamén nos trouxo un faroliño vermello da China.
Ainhoa: fixo un mural tamén con elementos da china, bandeira, mapa, a gran muralla China e o símbolo do yin-yan o ben e o mal... cousa curiosa esta do ben e o mal!!!!
Hugo Castro: ensinounos como comen os chinos cos seus palillos!!
Daniel: comentounos que cun pouquichiño de axuda fixo este mural no que nos conta cousas curiosas da China, tradicións, xogos, refráns, etc... todo moi ben decorado cunha espectacular boneca china!!

Cynthia: trouxo uns palillos chinos decorados con letras chinas vermellas e un sombreiro de campesiñ@ feito por ela cun chisquiño de axuda, quedoulle moi ben!
Sara: axudounos a investigar quen era o deus na China xa que nos trouxo una figura dun Buda ademais doutros palillos chinos, xa case temos para comer todos!!!
Alexia: sorprendeunos cun fermoso debuxo dunha paisaxe dos campos de arroz de China, e sabedes que?? ata lle pegou arroz de verdade!!!
Así esta quedando a nosa zona de exposición da China; vai collendo forma pero xa vedes que aínda temos sitio para moitas cousiñas máis!!!!
Ademais traballamos moito, e por fin conseguimos rematar o noso gran dragón chino ó que saudamos todas as mañás "Ni Hao":

Pouco a pouco os coñecementos van tomando forma nas nosas cabeciñas, e despois de descubrir onde estaba China no mapa do mundo, algúns decidiron animarse a debuxalo:
Polo de agora nada máis, pero espero pronto poder contarvos máis novidades acerca do que estamos a prender deste país que tanto nos fascina; una saudiño, "Zai jian" amigos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario