fondo

jueves, 22 de enero de 2015

A China en 5 anos



Ni hao Familias!!!

Seguimos coa China a voltas. Esta semana no cole, estamos a traballar a localización da China no mapa, a bandeira e as cidades e vilas de China. Todo isto, comparándoo co que eles xa coñecen que é o noso país (España) ou as vilas galegas.

Vós seguides, incansablemente, a traer cousas e tamén a elaboralas. Mil grazas polo tempo que dedicades a todo isto. Só dicirvos que a cara que poñen os vosos peques cando ensinan todo o que traen merece todo o esforzo que estades a facer.

Imos  logo a seguir amosando cousiñas da preciosa China:
 
Antía: Trouxo un calendario cuns fermosos osos panda, un enorme farolillo chino e un abanico co símbolo do yin yang. Xa vedes que os osos panda os traen tolos!!!
 

Ángela: canto traballaron na casiña de Ángela para traer todas estas cousiñas feitas con papel mediante a técnica do origami. Que pasada!!! Temos pagodas, una bolboreta, un dragón, flores de loto e ata un coello. Que manitas!!!
Que dicir do gorro chino e dos palillos, está feita toda una fermosa chinita!!!


María: trouxo todo un traballo feito con comidas chinas, ogallá as poidamos degustar nalgún momento do proxecto!!! Igual no taller de comida!!! jajajjaja!!!


Carol: trouxo unha fermosa boneca china.
Nuria: facendo limpieza atoparon este fermoso cadro e Nuria díxolle á nai: "mami, esto é de China".
Noa: debuxando, debuxando fixo a muralla china, unha chinita  e un guerreiro!!!

 
María: nestas pergamiños, de papel de arroz e seda,  podedes ver o seu nome e o da súa irmá.  Que cousa mais bonita!!!


Carlos: moito traballa!!! mirade cantos farollilos, e ata unha lenda china que nos apresuramos a ler nese mismo momento!!!


Enia: creo que mos vou levar a todos a China, con este libro de "hablar chino" moveriámonos por China como pez en el agua.
Tamén trouxo un abanico moi curioso, disque está feito coas plumas do Ave Fénix. Coa boca aberta quedei!!!

Zaira e Enia tamén estiveron a traballar duro, coa axuda da familia, para traer este mural con aspectos significativos da nosa China querida. Que bonito e canto traballo!!!
 Carlos: tamén debuxa un montón, ollade que debuxos tan ben feitiños!!! Ademais trouxo este fantástico libro que queríamos ler hoxe, pero como faltaron tantos nenos, estamos esperando a que volvan para lelo todos xuntos.
 María: traballadora incansable, hoxe trouxo un blog no que nos explicaba cáles eran as vogais chinas. O da pronunciación xa é outro cantar. Estiven a ver un vídeo e quedei pasmada!!!
 
E isto é todo de momento. Miña nai canto traballades!!!!
 

2 comentarios:

  1. Bueno, alucino con tantas cosas que aportan estas familias. Nosotros como no tenemos nada mas Noa no hace mas q dibujar cosas de China. Ayer toco la comida pero se le olvido el dibujo en casa, cuando se recupere lo llevara

    ResponderEliminar
  2. Eu ao igual que a mami de Noa alucino con tantas cousas que levan e o que as familias se involucran no proxecto. Como di unha boa amiga miña para os que somos medio chineses é un orgullo ver como os que non o son se emocionan e entusiasman con esta cultura tan especial.
    xiè xiè!!

    ResponderEliminar