fondo

miércoles, 28 de enero de 2015

A china en 5 anos



Seguimos pola China moi, moi animados!
Se a semana pasada traballamos a localización, a bandeira e as vilas e cidades chinas, esta semana tocoulle o quenda ás vivendas mais características, ás pagodas e a buda. 






Tamén, e aproveitando que o venres imos a celebrar o día da paz, fixemos dous murais; un con aspectos positivos e outro con aspectos negativos relativos a China. Entre os positivos está o cariño e o coidado aos maiores, o amor que existe no seo da familia, a importancia de compartir e xogar uns cos outros… e como negativos vimos as continuas guerras pola conquista do poder, a situación das mulleres de pés vendados, o tratamento que se lles dá aos nenos para preparalos para as olimpíadas, o traballo infantil… Está a resultar un traballo moi interesante. Cando estea rematado sacarei fotos para que poidades comentar cos vosos peques.
Ademais, coma sempre, seguides a traer cousiñas e a traballar dende a casa. Esta semana os peques aportaron:

María:
Trouxo un traballiño no que nos explicaba como son os números en chinés e a forma que teñen de contar do 1 ao 10 empregando unha soa man. Ademais trouxo a moeda de China tanto en billete como en moeda. Encantounos vela e tocala. 




Ángela: 
Aportou un fermoso dragón para cada compañeiro que estamos desexando pintar e decorar con multitude de cores.
Noa: trouxo o conto de Mulán. Aínda non o limos pero en breve caerá.
Nuria: cando vin esta auténtica lámpada china, quedei asombrada, e os seus compañeiros tamén.  Agora temos que probar a ver si acende.
Carla: moito pintou esta pequecha!!! Veu cargadiña de debuxos sobre o tema da paz. 



Álvaro:
Estar enfermo fundiulle xa que nos fixo toda unha exposición do que é unha cometa e todos os usos que lle dan ou lle deron nalgún momento en China. Ademais, non perdades detalle, a cometa, é unha cometa da paz. Que boa idea Álvaro!!!!!

Pero ademais de información, este neno trouxo corazón. Resulta que encontraron 13 lapis fermosos cunha boneca chinesa. Nese momento xurdiu a inquedanza de que facer  xa que na aula somos 14 e non 13. Álvaro nin corto nin perezoso dixo que a el non lle importaba quedar sen o lapis, que prefería darlle un a cada un dos seus “amiguitos” como el di.  Que lección mais boa pequerrecho!!! Por suposto alabeino diante dos compañeiros e todos quedaron pasmados coa acción de Álvaro.
Este feito non o podía pasar por alto así que decidín darlle un bolígrafo de bigote igual que o da profe. Que contento marchou e eu que orgullosa quedei deste pequecho. 


3 comentarios:

  1. Que entrada máis bonita! O detalle de Álvaro cos seus compañeiros emocionoume moito, que orgullo para os seus papás.
    O traballo que fixo das cometas quedoulle precioso! Non sei se sabedes que en China no verán ao caer a tarde os nenos saen cos seus papás aos parques a voar cometas, é un espectáculo!! Só se ven cometas no ceo.
    Alucino coa lámpara que levou Nuria!!! máis chinesa non pode ser!!
    Que cariñas de felicidade se lles ve cando ensinan as súas cousas, encántame!!

    ResponderEliminar
  2. Ni ha o !.que cousas mais bonitas traen estes nenos, chulisimo a lámpada que bonita.Que contento veu Álvaro do Cole, na casa está co boli do bigote sempre consigo.El explica que llo regalou a profe por ser generoso. Jijiji que bonito, desde logo unha dosis de motivación total.Gracias Rocío.

    ResponderEliminar