fondo

viernes, 16 de enero de 2015

A China en 5 anos


Quero darvos a benvida a un novo e emocionante proxecto: 
CHINA

Estamos ansiosos por aprender cousas deste apaixonante mundo que é China, apaixonante en valores, contidos, creatividade 

falar de China  supón ver aparecer un sorriso na cara dos nen@s . Espero poder manter esta emoción ata o final do proxecto!!!!
Antes case de empezar, xa teño que darvos, coma sempre, unha e mil grazas por todo o que aportades e por todo o que vos involucrades.

Preparádevos para ver todas as aportacións que chegaron!!!


Para empezar, quero amosarvos: a porta da nos a aula (que representa unha casa china) e o  espazo que preparamos fora para dar cabida a todas as aportacións e traballos que iremos facendo. Isto xa vai pillando forma!!!!


Aquí temos a María Liu que veu cargadiña de cousas!!!! Nesta primera foto podedes ver todos os libros de contos que aportou!!! Ata temos un libro de " Chino de viaje" nunca se sabe cando podemos acabar en China!!! Qué pasada!!! 
 Uxía buscou, coa axuda de mami, os nomes de todos os compañeir@s. A pobre viña toda tristeira xa que non atopara o nome de Zaira, Enia e Antía, pero a profe si os atopou!! Déixovos o video do que nos rimos lendo os nosos nomes en chino!!
Carlos viña encantado co seu fantástico libro sobre a cultura china, un libro con volumes!!! Que ben nos explicou o seu contido!! 
Irei poñendo vídeos pouco a pouco!!






Aquí podedes ver a Zaira que veu cargadiña de cousas tamén: trouxo un fermoso paraugas, unha representación de Buda, un abanico cun magnífico dragón e un Qipao ou vestido chino!! Abraiados quedamos!!!

María Liu tamén trouxo diferentes e fermosísimos tipos de abanicos, paraugas e un pai-pai. Tamén aportou fotos do Xardín de Yuyuan e da cidade de Namchag!! Mirade o vídeo da explicación!!!




Na clase temos uns verdadeiros artistas á vez que arquitectos, mirade que cidade china construíron!!! Ollade que fixeron unha torre moi alta, será a torre mais alta de China? Jajajaja!!!

Samuel aportou algo que nos deixou coa boca aberta!!! Unhas auténticas zapatillas chinas que teñen ao redor de 30 anos e uns palillos que rondan os 20. Isto é historia!!!

O de Carolina xa non sei como explicalo, que detalle nos seus debuxos!!
Esta cativiña fíxonos: un home chino cun dragón de mascota, a muralla china e un gusano de seda, unha casa china cun xardín de bambú e un neno xogando cunha cometa. Guauuuuu!!!!!

María sigue traendo cousiñas emocionada con este proxecto. Neste caso aportou diferentes modelos de palillos chinos!!! Cantas cousas cativiña, mil grazas!!!

 Noa trouxo este obxecto super curioso, díxonos que era unha pelota china!!! Que gozada manipulala!!

Uxía tamén segue a traer cousas, neste caso un gorriño chino. A que está moi simpática!!

 E se temos unha chiniña, tamén teremos que ter un chiniño. Mirade que guapísimo está Álvaro!
Pero como de guapo non se vive, Álvaro, tamén aportou pan chino, tamén chamado pan de gambas. Este pan imos reservalo para a gran celebración que nos espera en febreiro.
 Por último Carla, que trouxo uns palillos chinos e un elegantísimo abanico!!! Que bonitos pequecha!!!

Como xa vos dixen irei poñendo algún que outro vídeo mais, pero tardan tanto en cargar que me desespero!!!
Ata a unha nova noticia sobre china!!!

4 comentarios:

  1. Nĭ hăo!!! Que bonito proxecto ides facer, todos o son a verdade, o proxecto de protagonista, a prehistoria...disfrutamos moito! Pero este é especial tanto para as nosas fillas como para nós, traénos moitos recordos ao buscar as cositas de China que trouxemos de alá, mirar as fotos para que leven o cole...vamos, que estou moi emocionada con todo isto!!
    Quería dicir que a foto da torre que levou María non é en Nanchang...é en Shanghai. Cando fomos no ano 2009 era a torre máis alta de China (é o centro financeiro internacional de Shanghái) pero agora creo que é a terceira. Subimos nun ascensor ao piso 100 e levounos 30 segundos e unha vez arriba grazas ao chan transparente que ten puidemos ver a cidade, impresionante!!
    María fíxose algo de lío coas fotos, por agora non tedes fotos de onde ela naceu, Nanchang (Jiangxi)
    Cantas preciosidades levaron de China os peques!! A pelota chinesa de Noa na primeira viaxe que fixemos toooodos os nenos xogaban con ela!!
    Xièxie, lăoshī!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Ok, pois o luns cando veña María volvo a preguntarlle a ver que me di!
    Eu tamén estou moi emocionada co proxecto, que ganas de seguir aprendendo e seguir descubrindo!!!!

    ResponderEliminar
  3. Bueno, cuantas cosas han aportado las familias. Maria era de imaginar que tuviese cositas pero el resto...Espero que este proyecto nos sirva para conocer esta cultura tan desconocida para muchos, incluyéndome a mi

    ResponderEliminar
  4. Ni hao!! Esto non fixo mais que comenzar e...cantas cousas hai!! (O libro de "chino de viaje" apartádemo para Carlos que xa anda preguntando cando podemos ir, díxome que temos que coller 4 avións, informouno María, canto me gustaría escoitar esas conversas jajjaja!!!)
    Veña logo, a coñecer a fondo esta cultura tan impresionante!!!

    ResponderEliminar