Boas familia!!!
Despois das vacacións toca volver á carga. Estamos traballando con palabras
chinas como ovella, bambú, terra… e por suposto seguimos con fantásticas
aportacións.
María: fixo un fermoso e interesante libro sobre os bonsáis. Aprendemos un
montón.
Ángela: nas vacacións foi á casa da avoa e “sorpresa” atopou un chino
vermello. Por suposto xa o temos na exposición.
Nuria: ten un amigo que é todo
un manitas e fíxonos esta fantástica embarcación china chamada “junco”.
María: trouxo estas fermosas zapatillas chinas. Qué colorido mais bonito!!!!
Noa: nas vacacións foi á cidade dos pequeniños, en Portugal, non o ides
crer, pero había unha casa china. Parece ser que nunha pequena rexión da china
chamada Macao, se fala portugués. Non paramos de aprender!!!. Tamén trouxo un recorte de periódico no que se
fala da moeda china.
La verdad es q donde menos te lo esperas aparece algo relacionado con china. Nosotros quedamos sorprendidisimos
ResponderEliminar