fondo

martes, 26 de mayo de 2015

Fresas en 5 anos





Esta semana tivemos unha merenda sorpresa: "Fresas con chocolate" como nos puxemos "case todos". Sigo tenso dúas alumnas que se resisten á froita, pero, polo menos animáronse a probar. Algo é algo!!






Dia da familia en 5 anos

O 15 de maio gozamos dunha fantástica xornada con vos. Moitas grazas por vir, por compartir, por participar... MOITAS GRAZAS FAMILIA.
Encautonos estar con todos vos!!!!





jueves, 21 de mayo de 2015

Aportacións a china en 5 anos


Unha semana mais seguimos con aportacións fantásticas!!!
Ángela: trouxo un instrumento chino, este ven de Salou pero o orixinario é chino, que é o que importa.
María: trouxo un libro con fermosas fotografías sobre a nosa China querida.
Álvaro: aportou a peli de Mulán, xa empezamos a vela. Estalles a gustar moito.


miércoles, 20 de mayo de 2015

Protagonista da semana: Adrián V.

Esta semana tócalle a Adrián Villar e como todos os nenos/as estao vivindo con moitas ganas e ilusión. Sigue disfrutando do teu protagonismo!!!

Aquí tes o teu vídeo para que podas disfrutar da túa semana coa familia...


jueves, 14 de mayo de 2015

Pintándonos en 5 anos


Esta semana pedinlles un favor aos meus peques, que se pintaran a si mesmos. Ollade!!!



Son os mellores!!!!

Yanoyoro en 5 anos

Esta semana tivemos a gran sorte de poder asistir a un "mini" curso impartido por Susana, coñecida artisticamente como Yanoyoro.
Esta fantástica artista, con unha serenidade e delicadeza mais propia da cultura china que da nosa, amosounos cales eran os instrumentos que se empregan para a pintura e a forma na que temos que mover o corpo para poder pintar. Pintamos bambú, intentámolo cos osos panda, pintamos peixes, follas...
Foi unha mañá fantástica na que aprendemos moitísimo. 
Se estades interesados en seguir a esta fantástica muller podedes atopala en facebook como: yano yodo. 


A muralla china en 5 anos

Estes días estivemos traballando moi duro ao igual que o fixeron os chinos cando construíron a súa gran muralla. Como este é un traballo duro que leva moito tempo, estamos desexando que cheguedes maña para arrimar o ombreiro. jajajajajaj!!!!


Proxecto china 5 anos


Esta semana María estivo traendo cousiñas moi interesantes e SUPER bonitas. Trouxo unhas fermosas bonecas, bolas de exercitación de mans, pinceis chinos e moitasssssss pinturas.
Ollade que marabilla!!!!








Protagonista da semana: Martiño


Este proxevto pouco a pouco chega ao seu fin...botaremos de menos este sorriso que amosan os nenos/as cada vez que lles toca a súa semana. Pero seguiremos disfrutando do día a día na aula. NOn me cabe a menor dúbida de que Martiño está a aproveitar moito estos días. Un biquiño!!!


Martiño, aquí tes o teu vídeo. Espero que che guste moito.Un bico.

viernes, 8 de mayo de 2015

OS NOSOS VERMES DE SEDA

Supoño que xa vos dixeron os vosos fillos/as que estamos criando vermes de seda.
Están moi ilusionados e pasan os días mirando para eles e o seu crecemento, que ademais medran moi rápido.
Como ben sabedes a seda é unha das materias que se fabrican en China, por iso consideramos que era un aspecto interesante a traballar...e que mellor forma de facelo que a través da observación directa!!!
Comezamos observando os ovos dos vermes antes de que naceran e comprobamos que eran moi pequeniños.

Os ovos son as boliñas pequenas. Vedes que hay uns de cor gris e outros brancos. Os grises son os que están fecundados e dos que van a nacer os vermes, dos brancos non nacerá nada.
Comen follas de moreira e é o único que fan...comer,comer e comer!!!Así é, que axiña fanse grandes.
Aquí podedes ver o seu crecemento. Os nenos/as non teñen ningún reparo en collelos e ademais encántalles!!!



Seguirei colgando fotos para que podades visualizar o cambio que se produce neles.