Están moi ilusionados e pasan os días mirando para eles e o seu crecemento, que ademais medran moi rápido.
Como ben sabedes a seda é unha das materias que se fabrican en China, por iso consideramos que era un aspecto interesante a traballar...e que mellor forma de facelo que a través da observación directa!!!
Comezamos observando os ovos dos vermes antes de que naceran e comprobamos que eran moi pequeniños.
Os ovos son as boliñas pequenas. Vedes que hay uns de cor gris e outros brancos. Os grises son os que están fecundados e dos que van a nacer os vermes, dos brancos non nacerá nada.
Comen follas de moreira e é o único que fan...comer,comer e comer!!!Así é, que axiña fanse grandes.
Aquí podedes ver o seu crecemento. Os nenos/as non teñen ningún reparo en collelos e ademais encántalles!!!
Seguirei colgando fotos para que podades visualizar o cambio que se produce neles.
Dani contame todos os dias dos gusanos de seda qe comen moito e qe estan moi gordos jaja
ResponderEliminar