Boas familia!!!
Rematamos coa alegría e damos paso á tristeza.
Popeta deixounos unha carta do Monstro de Cores para que lle axudemos a entender porque sempre se pon azul no Nadal.
A carta levounos ao mapa, o mapa levounos a ver a Rogelio no Ipad e Rogelio deunos instrucións para que buscásemos a caixa máxica na que había agochados obxectos que lle axudarían ao Monstro de Cores a saber porque está de cor azul.
O primeiro que despois de ler a carta de Popeta, sospeitou o motivo do cambio de cor do monstro foi Lois e por suposto puxémoslle as gafas de investigador.
Esta é a mensaxe que nos deixou Rogelio:
Isto é o que se agochaba na caixa. Os nenos e nenas
decidiron que querían ler un conto e escolleron o dos Tres osos. Ao rematar
investigamos se ese conto tería relación con algún dos obxectos presentes na
caixa e Nerea e Elva non tardaron en decatarse de que si. Había unha serie de
obxectos agrupados por tamaños: grande, mediano e pequeno, ao igual que os
osos. Que ben o fixeron!!
Xa empezamos a recibir as primeiras cartulinas que plasman a tristeza dos nenos e nenas. Iria comentábanos que a ela o que a pon triste é que os seus amigos lle rompan os xoguetes, Elva di que a Chuvia a pon triste e Manu amósanos como sería unha cara triste.
Ollade as caras de todos, están moi tristes non si?
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar
ResponderEliminarQué simpático está Lois con las gafas de investigador!! Que las había "ganado", fue lo primero que me contó cuando lo he recogido ese día! Qué orgulloso estaba!
Me encanta esa caja mágica. Me la pido!
Son muy bonitos los trabajos que se han aportado sobre la tristeza. Enhorabuena! Por aquí seguiremos buscando inspiración...