fondo

lunes, 22 de febrero de 2016

O novo protagonista


Comezamos semana e estreamos protagonista. Neste caso é o turno de Daniel Muñiz.





Luns:
Hoxe tocou facer a coroa, ollade que afanoso estaba e que bonita lle quedou. Moi ben pequecho.


Martes:
Hoxe Dani amosounos os seus xoguetes favoritos e os contos que mais lle gustan. 
Despois de ver todo o que trouxo quedounos clara unha cousa, OS CAMIÓNS encántanlleeeeeeee!!!! Jajajajajaja!!!
Ollade.

Familia, lembrade que  ten que amosar as fotos. Preciso que as traia mañá ao cole. 


 





Mércores:

Hoxe foi un día moi especial, o prota recibiu a visita de Mamá e papá. Que alegría levou!!!!


Para comezar Papi leu os contos favoritos do prota, como non, contos de camións. Canto lle gustannnnnnn!!!!


A continuación papi e mami axudáronlle a explicar as fotos.


Para rematar tivemos unha sesión de plastilina na que papá e mamá nos ensinaron a facer caracois e coellos.


Moitas grazas familia por vir a pasar a tarde con todos nós.


Xoves:

Hoxe fixemos as pegadas. Canto riu Dani e canto nos fixo rir. Ollade!!!
 
Primeiro fixemos os pés:
 

Logo viñeron as mans:

Para rematar os beizos:


Ata aquí o reinado deste gran pequeno. O luns o agasallo da profe.
 

8 comentarios: