Hai unhas semanas xa comezamos a traballar a calma...e desta vez a nosa investigadora foi Ainhoa, que ben lle quedan as gafas!
No vídeo de Rogelio, contounos que unha vez máis cambiou de cor e contou moitas cousas máis! Escoitade ben:
Agora teremos que investigar que é iso das termas, porque non temos moi claro o que pode ser...
Pero antes de poñernos a investigar, fomos en busca da caixa máxica, xa que estabamos moi impacientes por ver o seu contido...
As cousas que había na caixa fixeron que nos puxéramos un pouco verdes...por qué será? Pao de choiva, que tiña un son moi agradable, esponxas moi suaves coas que nos demos pequenos masaxes, algunha nariz de paiaso moi brandiñas...e algúns contos.
Tocaba comezar a investigar esta emoción...e o primeiro é facer o noso monstro verde!
Seguimos recibindo cartulinas da calma...
ALONSO: sinte a calma cando durme e cando lle dan bicos.
MATEO PORTEIRO: cando vai á praia e cando ve a Patrulla Canina, igual que ADRIÁN RODRÍGUEZ, que os seus debuxos preferidos, fanlle sentir tranquilo.
MATEO CANCELA: prodúcelle moito calma, ir pasear ao seu can.
GAEL tamén se sinte tranquilo cando hai sol e pode ir á praia, cando lle len un conto e cando durme.
A CARLA intenta conseguir a calma e polo visto hai días que o consegue!
Na aula estivemos traballando algunhas técnicas que nos axudan a entrar nun estado de calma...cóstanos bastante conseguilo, pero pouco a pouco van funcionando.
Aprendimos a adoptar a postura de yoga:
Non me digades que non o fan xenial, algún non ten moita cara de calma, pero a intención tivérona e pouco a pouco van conseguindo o obxectivo.
Fixemos as botellas da calma:
Descubrimos o que son as mandalas e a forma de pintalas para poder entrar nun estado de calma...hay que pintalas sempre de dentro cara fora e procurando estar tranquilos escoitando unha música relaxante de fondo...qué ben o fixeron e cómo lles gustou decorar as súas propias mandalas!
Á volta dos recreos tamén estamos facendo sesións de relaxación...qué tranquiliños están, así da gusto!
A seguir traballando coa calma!!!