fondo

miércoles, 20 de abril de 2016

SENTÍMONOS EN CALMA...




Como ben sabedes dende que voltamos das vacacións, comezamos  cunha emoción nova...a calma! E que ben nos vai a vir, para aprender a calmarnos e a estar relaxados.
Coma sempre, os nenos/as trouxeron as súas cartulinas da calma e descubrimos que hai moitas situacións que nos hacen sentir tranquilos.


ADRIÁN PAIS: cando durme con Dino, o seu peluche favorito.
MARTIÑO: cando come linguas de gato, cando lle dan bicos e mimos, cando ve "Patrulla Canina", cando xoga cos trens, cando xoga no trampolín da súa piscina...
LUCÍA: encántalle tumbarse nunha hamaca e escoitar música relaxante


DANI CANEDO: cando durme e cando ve os debuxos tumbado no sofá.
ADRIÁN REMUIÑÁN: cando ve "Patrulla Canina" na televisión.
PABLO: séntese en calma cando se pon en posición de tranquilidade, cos ollos pechados.


DANI REMUIÑÁN: tamén séntese tranquilo cando ve " patrulla Canina" ( queda claro que son os debuxos preferidos de moitos/as.)
ADRIÁN VILLAR: Tamén cando ve os debuxos que máis lle gustan...igual que NOEMY.


AINHOA: cando se senta a comer.
UXÍA: cando recicla porque está axudando a non contaminar o planeta e iso faille sentirse a gusto.
BRENDA: gústalle sentirse igual de relaxado que o monstro de cor verde.

Nas seguintes entradas poñerei as cousas que estivemos facendo na aula para aprender a estar en calma e tamén as visitas que recibimos e que ao final tanta ilusión lles fai aos nosos pequenos/as.



5 comentarios:

  1. Qe emocion nos tocou a calma algo qe estan aprendendo a saber o qe e jiji.. Dani polo menos agora empeza a facer sesions de calma na casa como fai coa profe 😊😊

    ResponderEliminar
  2. Qe emocion nos tocou a calma algo qe estan aprendendo a saber o qe e jiji.. Dani polo menos agora empeza a facer sesions de calma na casa como fai coa profe 😊😊

    ResponderEliminar
  3. Como me alegra ver que os peques levan as cousas do cole a casa!

    ResponderEliminar
  4. jaja, Lu contoume que estaban aprendendo a estar en calma e agora ensíname a mín como facelo. Cústame un pouco doblar as pernas para sentarme pero o OOMMMMM!!! e a posición dos dedos téñoa controlada! ;-)
    Tamén fixemos unha mandala na casa e para coloreala pediume música relaxante...É marabilloso o que a música inspira neles xa dende ben cativos.

    ResponderEliminar
  5. Q ben!!!!Xa m contou q fixo unha mandala na casa...O da postura,a eles dáselle genial!Solo que a algúns cústalles poñer a cara de relaxación...jajaja

    ResponderEliminar