fondo

sábado, 24 de septiembre de 2016

Festa da pataca en 4 anos

Un ano máis presentamos o noso traballo á festa da pataca.Como todos os anos traballamos moito ao longo de toda a semana,aínda que nesta ocasión non gañamos o premio.Pero non pasa nada,é inha aprendizaxe máis para os pequenos e non quere decir que a participación,implique gañar un premio,uns anos toca e outros non.Moitos nenos/as chegaron o luns a clase un pouco tristóns dicindo:"profe,este ano non gañamos o premio",pero a profe explicoulles que o importante era participar e,como xa son tan maiores,pronto o entenderon.
Pois despois deste primeiro traballo seguiremos informándovos de todas as cousas que se fagan ao longo do curso.
Comeza un curso máis e un dos máis importantes,xa que é o último da etapa de infantil para os vosos pequenos. Benvidos papis e mamis e xa sabedes...a participar moito no proxecto e por suposto,no blog...xa que ao final,este medio aliméntase dos vosos comentarios.

4 comentarios:

  1. A Lu fíxolle moita ilusión mostrarnos a Marcos e mín o voso traballo. Foinos explicando o que fixérades e encantounos!!! Cando nos enteramos de que este ano gañaran outros traballos foime moi sinxelo explicarllo porque ela tamén vira o campo de fútbol, as galiñas...e tamén lle gustaran moito así que comprendeu que aos xuíces tamén. jaja.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Fixechedes un traballo moi bonito qe estabamos todos entusiasmados en gañar o premio pero non pode ser todos os anos . Estabamos todos esperando cando deron os premios e cando dixeron os gañadores Dani dixo jo non gañamos (jaja).Pero o explicarlle qe xa o comprendiu .Empezamos un novo poxecto qe me parece interesantisimo e esperamos disfrutar del como o outro .Empezamooooos con moitas ganas

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar