Este tempo temos un pouco abandonado o blog, pero eso non quere dicir que
na clase non sigamos traballando co noso proxecto de "Coñecemos a
Pachi".
Xa descubrimos que antes no Universo non había nada, solo unha boliña do
tamaño dun guisante que fixo unha explosión, dando lugar á orixe do Universo, o
que coñecemos polo Big Bang. Os nenos/as entenderon moi ben a idea.
Agora que xa sabemos como se creou o Universo comezamos a investigar sobre
todas as cousas que hai alí: planetas, satélites, os buratos negros…e os
nenos/as comezaron a traer moitas cousas que nos serviron para comezar a
investigar.
Na hora do conto fomos lendo todo esto e descubrimos que os planetas
no espacio móvense. E buscando en internet coñecimos dúas palabras novas para
añadir ao noso vocabulario en relación co noso planeta Terra: o movemento de
rotación e o de traslación.
O de rotación da lugar a formación dos días e das noites e tarda un día
enteiro en dar unha volta completa.
Mentras que o de traslación da lugar a formación das catro estacións e
tarda 1 ano enteiro en que a Terra de unha volta completa ao Sol.
Estos días estamos a traballar estos conceptos na clase, imos comezar a
facer una manualidade sobre esto que nos vai permitir visualizar perfectamente
estes dous movementos que fai a terra.
As maquetas que fixeron os nenos/as, axudáronnos a comprender e visualizar
estes dous movementos da Terra.
Ademáis, Lois, un compañeiro da clase de 4 anos, trouxo un conto que fixo
coa súa familia que era unha chulada.
Nel descubrimos o primeiro home e a primeira muller que viaxaron ao espazo
e tamén o primeiro home en viaxar á Lúa, Amstrong, que xa o coñecíamos.
Coñecimos a Laika, o primeiro animal en viaxar a Lúa, cánto nos gustou esta
noticia, aínda que logo nos puxo triste o final que tivo Laika nesta viaxe.
Investigando en Internet, descubrimos que non é de todo certo que fora o
primeiro animal, o primeiro foi un mono, chamado Albert.
No recuncho de arte. Estivemos facendo debuxos sobre o espacio…
Proximamente, seguirémosvos ensinando máis cousas que fomos
descubrindo!!!Ata pronto!!!