Moi boas familias!!!
Aquí seguimos coa prehistoria a voltas.
Este proxecto está dando moito, moitísimo
de si , así que, no terceiro trimestre continuaremos con el. Aínda nos
queda moito por descubrir.
Andamos un pouco atrasados na
programación e aínda estamos acabando co
Homo Sapiens. Para a semana xa empezamos
co Neolítico fijooooo!!!!
Vós, como sodes moi traballadores xa
empezastes a traer cousiñas deste novo
período e outra vez sigo alucinado e agradecéndovos a vosa
participación. Mil grazas de corazón!!!! Non só polo que aportades á aula,
senón polo que lle estades a aportar aos vosos peques que dá gusto ver a cara
de satisfacción e emoción coa que amosan as súas aportacións. Que pasada!!!
Bueno, é dito esto, paso ao que en verdade
importa, as aportacións dos pequenos. Neste caso amósovos as cousiñas de
Álvaro, María e Carlos.
Álvaro:
María:
Carlos:
Chegados a este punto comentarvos que hoxe tivemos unha gran sorpresa!!!. O profe Javi quixo tamén facer unha aportación ao proxecto, regalounos unha boneca prehistórica fermosísima e firmóunola para que nunca nos esquezamos del. Grazas profe Javi. Encantounos o detalle.
Por último amosarvos os nosos colares prehistóricos, de cunchas!!! Non son tan bonitos como os que trouxeron da casa pero polo menos son coloridos. jajjaja!!!









