Boas familia!!
Despois duns días descanso, volvo á carga, coas
pilas ben cargadas!!!
Os últimos días andabamos algo atarefadas e foron
moitos os acontecementos que quedaron no tinteiro. Tomade asento, collede
mantiña e a gozar co que fixeron os vosos peques!!!
Empezamos polos
Robots!!!
Aquel proxecto que planeabamos facer, ao final
quedou en nada. O profe Tucho non quixo deixarnos coa mel nos beizos e montou
uns robots cos alumnos e alumnas de secundaria que amablemente nos deixou
probar. Pasámolo moi ben!!! Grazas profe Tucho!!!
A compañía Baobab, veu a presentarnos bailando con
contos. Estivo bastante entretido, pero gustounos mais “Martes”
Coma tódolos anos, gústanos ser
solidarios, e grazas a vós, esta actividade sempre resulta un gran éxito.
Moitas grazas por todo o que colaborastes con esta causa!!!
Esta visita nunca
defrauda!!!
Canto aprendemos, que
ben o pasamos e que ben nos tratan sempre!!!
A verdade é que esta
xente, ten un equipo fantástico que adora o seu traballo e demóstrao con un
cariño inmenso.
Mil grazas por todo a
toda a xente da Roiser!!!!
Este é un instrumento de orixe xaponés, chámase Kamishibai ou teatro de papel. Os nenos gozaron tanto escoitando coma min contándoo.
Achegámonos ao final. É o momento
da ilusión depositada nunha carta. Que nervios por escribila ben, que o debuxo
estivese ben feito… en fin, que vos vou contar que non saibades. Ogallá esta
ilusión non desapareza nunca dos seus ollos.
Como colofón, a gran festa, o día
esperado, o día dos nervios…
Saímos todos tan contentos!!!
E despois disto só dicirvos que espero que pasarades unhas boas festas e que recargarades pilas que boa falta nos vai facer!!
Boa volta familias!!!
















