fondo

martes, 21 de abril de 2015

O PROTAGONISTA DESTA SEMANA É...ADRIÁN RODRÍGUEZ!!!

E qué contento está!!!Bueno, como todos os nenos/as cando lles toca ser o prota.
Certo é que Adrián sempre está co seu sorriso na cara, pero nótase que esta semana está disfrutando todavía máis.
Un biquiño Adri.

Xa pasou a súa semana, polo tanto aquí deixo o seu vídeo para que poda disfrutar de todo o vivido e comentalo cos seus.Un biquiño moi grande: 


martes, 14 de abril de 2015

Parabéns AINHOA!!!

A foto vai con algo de retraso porque o cumpreanos foi o venres, pero aínda así, nunca é tarde para recordar días así, xa q para eles é un día moi especial e non creo que lles importase repetir.
Un biquiño moi grande Ainhoa.

Protagonistas da semana:Dani e Adrián Remuiñán

Esta semana non temos a un nenos de prota senón a dous!!!Os que son inseparables, son inseparables para todo.
E qué felices están podendo disfrutar esta experiencia xuntos.
Un biquiño e a disfrutar do voso protagonismo.

Aquí tedes o voso vídeo...Espero que vos guste!

China en 5 anos

Boas familia!!!

Despois das vacacións toca volver  á carga. Estamos traballando con palabras chinas como ovella, bambú, terra… e por suposto seguimos con fantásticas aportacións.
María: fixo un fermoso e interesante libro sobre os bonsáis. Aprendemos un montón.

Ángela: nas vacacións foi á casa da avoa e “sorpresa” atopou un chino vermello. Por suposto xa o temos na exposición.

Nuria: ten un amigo que é todo un manitas e fíxonos esta fantástica embarcación china chamada “junco”.

María: trouxo estas fermosas zapatillas chinas. Qué colorido mais bonito!!!!

Noa: nas vacacións foi á cidade dos pequeniños, en Portugal, non o ides crer, pero había unha casa china. Parece ser que nunha pequena rexión da china chamada Macao, se fala portugués. Non paramos de aprender!!!.  Tamén trouxo un recorte de periódico no que se fala da moeda china.
 
 

 

martes, 7 de abril de 2015

Os nosos peques fanse maiores...

A semana que collimos as vacacións, celebramos na aula o cumpreanos de Pablo.E hoxe tocoulles soprar a vela dos catro anos, a Gael e a Carla!!!
É evidente q os nosos peques xa non son tan peques...fanse maiores!!!
Parabéns para os tres e un biquiño moi grande!

lunes, 6 de abril de 2015

Biblioteca do Pichel



Os pequeños de infantil tivemos a gran alegría de poder inaugurar a nova biblioteca. Canto imos a gozar alí e que ben o pasamos cos Animundis. 
Déixovos o vídeo para que vexades que bonitiña quedou!!!



Biblioteca Rego da Balsa


Antes das vacacións tivemos o pracer de visitar a biblioteca Rego da Balsa, en Carballo.
O recibimento foi fantástico, amosáronos todo, deixaron que a nosa imaxinación puidese voar entre os libros e tivemos a gran sorte de que nos fixeron unha sesión de contacontos na que nos contaron o conto “Yo Ming”.
Moitas grazas polo cariño e dedicación ao persoal desta biblioteca.
Aquí vos deixo o vídeo da visita.