fondo

viernes, 8 de mayo de 2015

OS NOSOS VERMES DE SEDA

Supoño que xa vos dixeron os vosos fillos/as que estamos criando vermes de seda.
Están moi ilusionados e pasan os días mirando para eles e o seu crecemento, que ademais medran moi rápido.
Como ben sabedes a seda é unha das materias que se fabrican en China, por iso consideramos que era un aspecto interesante a traballar...e que mellor forma de facelo que a través da observación directa!!!
Comezamos observando os ovos dos vermes antes de que naceran e comprobamos que eran moi pequeniños.

Os ovos son as boliñas pequenas. Vedes que hay uns de cor gris e outros brancos. Os grises son os que están fecundados e dos que van a nacer os vermes, dos brancos non nacerá nada.
Comen follas de moreira e é o único que fan...comer,comer e comer!!!Así é, que axiña fanse grandes.
Aquí podedes ver o seu crecemento. Os nenos/as non teñen ningún reparo en collelos e ademais encántalles!!!



Seguirei colgando fotos para que podades visualizar o cambio que se produce neles.

miércoles, 29 de abril de 2015

Proxecto china en 5 anos

Boas familia!!!
Seguimos ampliando o tema de China. Carlos estivo traballando duro e trouxo información detallada sobre casamentos, defuncións e instrumentos chinos. Toda unha variedade como podedes ver.
Ollade o traballo tan detallado que fixo!!!

Na aula estamos coa muralla china, en breve teredes noticias do noso gran monumento!!!!

Esta semana tócalle a...CARLA!!!

Non vos podedes imaxinar que impaciente estaba de que chegase a súa semana...xa o venres quería coller o mando...jajaja.
A seguir disfrutando do teu protagonismo!!!

Despois de moitos imprevistos, aquí tes o teu vídeo Carla.Espero que che guste.Un biquiño!

martes, 28 de abril de 2015

Semana do libro en 5 anos

Boas familia!!!

Como sabedes, a semana pasada festexamos a semana do libro con diferentes actividades.

Neste vídeo podedes  ver con detalle todo o que traballamos.
 
 

viernes, 24 de abril de 2015

Pallasos de primavera

Boas Familia!!!!

            Un ano mais chega a primavera e un ano mais chegan os nosos pallasos. Que guapos e ledos estabamos todos cos nosos sombreiros e o noso nariz colorado!!!.
Espero que vos guste.

















 

jueves, 23 de abril de 2015

Gusanos de seda en 5 anos

 
 
Estamos criar os famosos  gusanos de seda, tan relacionados con este marabilloso proxecto que estamos a desenvolver.
Primeiro saíron dos ovos, logo empezaron a medrar e fomos a velos e despois escribimos a secuencia dende que nacen ata que empezan a medrar polo moito que comen. E neste punto estamos agora. Ollade o interés que teñen!!!
 
 
 

Amorodos xigantes en 5 anos

 
Coa chegada da primavera toca poñerse a plantar. En 5 anos tocáronos os amorodos xigantes. Prometemos compartir si se nos da algún.