fondo

lunes, 9 de noviembre de 2015

Kandinsky en sentindo contos


En educación infantil non podemos deixar de lado algo tan importante como a pintura. Por este motivo e aproveitando que estabamos confundidos, decidimos traballar un pintor que asemellaba ter un mundo interior moi confuso e caótico a raíz das súas creacións. 
Traballamos a Kandinsky e a súa obra "Círculos concéntricos".

Manualidades de outono en 3 anos



Aquí estamos unha vez mais para amosarvos as cousiñas que andamos a facer polo Pichel. Neste caso queremos que vexades as fermosas manualidades de outono que fixeron os vosos peques grazas a unhas fantásticas nais que decidiron inverter o seu tempo con nós.
MIL GRAZAS MAMIS!!!



viernes, 6 de noviembre de 2015

Facemos ao "Señor Outono" en 4 anos


Encántanos que veñades ao cole a particpar con nós e realizar actividades cos nenos/as.
Polo Samaín recibimos na biblioteca a visita dunhas mamás que viñeron representar un conto de medo, de pantasmasssssssssss. E qué ben o fixeron! Esperamos que repitan...jajaja.
Esta semana, dúas mamás da aula, animáronse tamén a participar, pero desta vez ocorreuselles facer unha maualidade sobre o outono. Coa nosa aula fixeron ao "Señor outono".

Primeiro pintamos uns cartóns do papel hixiénico...ollade que concentración!




Despois puxémoslle un gorro que elaboramos cunha folla de outono...


Esto xa vai collendo forma, pero fáltalle algo moi importante: os ollos e os brazos!

E xa por último, decorámolos un pouco...poñéndolle uns botóns con forma de estrela!


E...ESTE FOI O RESULTADO!!! Que vos parece? Unha preciosidade, non si?


Gracias mamis!!!








lunes, 2 de noviembre de 2015

Rutinas en 3 anos

Boas familia!!!!
Aquí estou para amosarvos algunha das cousiñas que facemos na aula. Neste caso son as rutinas. As rutinas son actividades que facemos día tras día ao comezar a xornada escolar.
Ollade todo o que son capaces de facer estes pequerrechos!!!





domingo, 1 de noviembre de 2015

Samaín en 3 anos


Boas familia!!!
Pensei que os nen@s ían levar este tema peor do que o levaron. Nada de medo tiveron, que grandes!!!!
Esta semana foi un non parar: os nen@s trouxeron as cabazas e escobas, os alumnos e alumnas maiores viñeron a contarnos contos de medo, algunhas mamis prepararon un conto  e viñeron a representárnolo á biblioteca, pintámonos…
Ollade!!!

Gracias a Laura, Nuria e Noelia por implicarse tanto e por amosar esa ilusión que nos contaxian a todos. Os nen@os pedían outra e outra, estas SUSPER mamis, prometeron volver con novas cousiñas. oleeeeee!!!!!


Arañas, bruxas, esqueletos, vampiros, demonias e cabazas, tivemos de todo na aula. jajajajaj!! E faltoume unha gatiña que veu mais tarde e que esquecín retratar. Síntoo Iris!!!


A pequecha Iria e a súa familia traballaron moito xa que trouxeron unha pantasmiña para cada compañeiro. Que xenerosa esta nena!!! Moitas grazas!!!!


Agora toca o turno dos grandes artistas:


Agora tocaba ir ver todas as obras de arte deste ano. Que pasada!!!



Sentindo Contos en 3 anos



Boas familia!!!
 A confusión chegou ao fin. Esta emoción que resultou tan complicada ao final non o foi tanto verdade? A semana próxima empezamos coa alegría. Esta seguro que vos gusta mais!!!!
Estes días seguiron chegando moitas cousiñas para o proxecto, tanto aportacións como os traballiños para a casa sobre a confusión.
Ollade que cousas tan orixinais!!!
Entre as achegas:
- Dani, Manu, Xabi e Fernando trouxeron contiños que xa fomos lendo ao longo desta semana. 
- Miguel aportou unhas radiografías. Os nen@s estaban moi confundidos. Profe, como se sacan as fotos dentro do corpo? me preguntaban. 
-Alba veu cunha peli moi entretida, xa vimos un anaquiño. 
- Nerea: segundo nos contou, foi á praia e apañou estas cunchas tan bonitas. 


Os últimos traballos sobre a confusión:
Iria: que curioso!! Como é posible que haxa ourizos no mar e ourizos nas árbores?. Que ben o explicou.
Rodrigo: o seu pai ten un amigo de raza negra. Rodri non entende o motivo desta diferencia de cor.
Miguel: trouxo unhas fermosas bolboretas pero non nos soubo explicar o motivo da súa confusión.
Xabi: está moi confundido xa que pon as botas do revés e vai ao mar de paseo como foi "mañán". Tranquilos papis, esta confusión ainda lle vai durar un cachiño mais.
Fernando: non acaba de entender como ven ao cole todos os días menos sábado e domingo. Non me quedou claro se o motivo da confusión é que quere vir todos os días ou pola contra, quere vir menos. jajajaja!!!!!
Dani: ten problemas con iso de diferenciar as comidas do día; almorzo, comida... Que lío!!!
Nerea: non entende como poden saltar tanto as baleas se non teñen pernas. jajajajaj!!!!!
Iris: non entendía como a nai lle dicía que non collía naquela caixa cando ela o tiña tan claro. Tivo que demostrarllo. Que gracia!


Aquí podedes ver aos peques disfrutando dos contos!!!