fondo

domingo, 1 de noviembre de 2015

Sentindo Contos en 3 anos



Boas familia!!!
 A confusión chegou ao fin. Esta emoción que resultou tan complicada ao final non o foi tanto verdade? A semana próxima empezamos coa alegría. Esta seguro que vos gusta mais!!!!
Estes días seguiron chegando moitas cousiñas para o proxecto, tanto aportacións como os traballiños para a casa sobre a confusión.
Ollade que cousas tan orixinais!!!
Entre as achegas:
- Dani, Manu, Xabi e Fernando trouxeron contiños que xa fomos lendo ao longo desta semana. 
- Miguel aportou unhas radiografías. Os nen@s estaban moi confundidos. Profe, como se sacan as fotos dentro do corpo? me preguntaban. 
-Alba veu cunha peli moi entretida, xa vimos un anaquiño. 
- Nerea: segundo nos contou, foi á praia e apañou estas cunchas tan bonitas. 


Os últimos traballos sobre a confusión:
Iria: que curioso!! Como é posible que haxa ourizos no mar e ourizos nas árbores?. Que ben o explicou.
Rodrigo: o seu pai ten un amigo de raza negra. Rodri non entende o motivo desta diferencia de cor.
Miguel: trouxo unhas fermosas bolboretas pero non nos soubo explicar o motivo da súa confusión.
Xabi: está moi confundido xa que pon as botas do revés e vai ao mar de paseo como foi "mañán". Tranquilos papis, esta confusión ainda lle vai durar un cachiño mais.
Fernando: non acaba de entender como ven ao cole todos os días menos sábado e domingo. Non me quedou claro se o motivo da confusión é que quere vir todos os días ou pola contra, quere vir menos. jajajaja!!!!!
Dani: ten problemas con iso de diferenciar as comidas do día; almorzo, comida... Que lío!!!
Nerea: non entende como poden saltar tanto as baleas se non teñen pernas. jajajajaj!!!!!
Iris: non entendía como a nai lle dicía que non collía naquela caixa cando ela o tiña tan claro. Tivo que demostrarllo. Que gracia!


Aquí podedes ver aos peques disfrutando dos contos!!! 

4 comentarios:

  1. Si a verdad e que o principio estábamos tan confundidos como os nenos( polo menos no meu caso) Jiji

    ResponderEliminar
  2. La verdad que para ser la primera emoción era bastante complicada pero bueno al final nos aclaramos. Hay que ponerse manos a la obra con la alegría. Por cierto, se les ve a todos muy concentrados con los cuentos

    ResponderEliminar
  3. Gracias mamis por todo o voso traballo!!!!

    ResponderEliminar