Lucía aportou uns peixes que fixo coa súa nai...qué chulada!O peixe por fóra (con escamas de cores, como o peixe arcoiris), o peixe por dentro (cántas cousas descubrimos!), e un pez raia!
Descubrimos que hai moitos órganos que teñen os peixes e tamén temos nós, pero outros non. Eles non teñen pulmóns, respiran a través de branquias e ademais teñen unha vexiga natatoria...qué raro soaba isto, pero a nai de Luci explicounolo moi ben. serve para que os peixes se manteñan na auga flotando, sen afundirse.QUÉ INTERESANTE!
Trouxo tamén algo que nos deixou coa boca aberta: estrelas de mar e un OVO DE TIBURÓN!
Elena elaborau o seu propio fondo mariño...que bonito lle quedou!
Martiño trouxo un puzzle do mar e moitas cunchas...cánta variedade!!! De ourizos, de ameixas, de cangrexos, de navallas, vieiras...cántas formas e tamaños diferentes teñen.
Adrián Villar trouxo tamén algunhas cunchas...de vieira e de caracolas.
Qué ben ulen a mar...aínda que houbo nenos/as aos que non lle agradou nada este olor...jaja
Alonso: un conto das focas e un submarino a través do cal puidemos adentrarnos no fondo do mar e ver moitas especies mariñas.
E agora déixovos as últimas cartulinas da confusión:
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Jo, que mes tan intenso!! Canto aprenderon e que ben o pasaron!! E o mellor é que aínda faltan moitas emocións por descubrir!! Que ben!!
ResponderEliminar