fondo

jueves, 26 de noviembre de 2015

QUÉ ALEGRÍA RECIBIR AS FAMILIAS NA CLASE DE 4 ANOS!!!



MAMÁ DE DANI C.:

Na aula queríamos incubar un ovo e facer a nosa propia incubadora, pero a nai de Dani ofreceunos unha incubadora do avó de Dani, polo que a aceptamos ao momento...jaja. Non sabedes como o agradecimos. 
Veu un día ao cole a explicarlles aos nenos/as o proceso de incubación e trouxo ademais ditintas clases de ovos, bueno, os de codorniz proporcionounolos o pai de Adrián Rodríguez. Qué sorte temos con estos papás!


Un dato importante...a incubadora precisa ter sempre un pouco de auga e sabedes por qué? Pois porque os ovos precisan ter un grado de humidade, para que os poliños cando estén formados podan romper o cascarón con facilidade. O cascarón ten que estar brando, senón non son capaces. Polo que a nosa misión é botar auga todos os días.


Despois fomos metendo os ovos un a un e con moita delicadeza, xa que os ovos son moi fráxiles e poden romper.


Xa temos a incubadora lista...agora temos que deixar que pasen 21 días para visualizar o nacemento dos pitiños.
ë importante ir xirando os ovos diariamente, para que o embrión non se pegue o cascarón. Pero temos a gran sorte que esta incubadora vai xirándoos de forma automática. A partir do día 18 xa non podemos movelos, porque o pitiño xa esta formado e ao movelo podería morrer.
Qué ganiñas temos de velos! Qué impacientes estamos!

Tamén nos trouxo uns coellos para telos na aula uns días e poder coidar deles...qué monada! Aos nenos/as encantoulles telos no cole.




A MAMÁ DE AINHOA: 

A nai de Ainhoa tamén veu visitarnos porque a Ainhoa facíalle moita ilusión traer tamén a súa mascota. E así foi como coñecimos a Lulú. Encántanos telo na clase, é unha delicia escoitalo cantar. Aínda que temos que recoñecer que hai momentos que temos que tapalo porque non nos deixa traballar...jijiji.


AS MAMÁS DE LUCÍA E ELENA:

Cánto traballaron! Fixeron unhas granxas que nos encantaron, non se lles escapa detalle. Luci e a súa mamá fixeron unha granxa cunha gran clasificación de animais.



 

E Elena a súa mamá fixeron outra con todas as cousas que podemos atopar nunha granxa, non lle falta nada! Vacas, cabalos, porcos, o can, patos, os granxeiros e o seu bebé, galiñas...



A granxa de Luci tiña a colmena das abellas e a súa nai explicounos como fan as abellas o mel...qué traballadoras son! Traballan toda a primavera e todo o verán para ter alimento para todo o inverno. 
En concreto presentounos a abella Raia que nos expliou como é a súa vida.



 E trouxo uns panais donde as abellas fixeron o mel. Puidemos tocalos e ulilos, pero non nos gustou moito o olor que desprende. A cera que fabricaron nos panais é moi blandiña, qué gran sensación poder tocalos. 

                                             

                       

                                       E aquí temos o mel que fabricaron as abellas nestes panais.


E despois de todas as explicacións toca...degustar este delicioso manxar...mmmmmmm. Houbo nenos/as que non o quixeron probar, outros/as que probaron e non lles gustou moito e outros/as que quixeron repetir!



A MAMÁ DE MARTIÑO: 

Martiño e a súa mamá tamén traballaron moito todo o fin de semana...Fixeron tamén unha granxa ben bonita e ademais visitaron a granxa dunha amiga e fixeron moitas fotos. E trouxo a aula unha presentación desas fotos...con qué alegría contaba todo o que viu na granxa. 







6 comentarios:

  1. Jo, estou hasta emocionada de ver como estamos todos de implicados no proxecto e o que máis me alegra e saber que os peques están disfrutando e aprendendo moitísimo.
    Lucía está encantada coa incubadora e desexando que nazan os pitiños. Hoxe díxome que os coelliños estaban moi nerviosos no cole por iso tiveran que marchar. E encántalle o canario!!!
    As granxas son todas moi bonitiñas e con detalles que fan que me gusten aínda máis.
    Graciñas ás familias, a profe e aos peques por facerme sentir así de ben!!!

    ResponderEliminar
  2. Jo, estou hasta emocionada de ver como estamos todos de implicados no proxecto e o que máis me alegra e saber que os peques están disfrutando e aprendendo moitísimo.
    Lucía está encantada coa incubadora e desexando que nazan os pitiños. Hoxe díxome que os coelliños estaban moi nerviosos no cole por iso tiveran que marchar. E encántalle o canario!!!
    As granxas son todas moi bonitiñas e con detalles que fan que me gusten aínda máis.
    Graciñas ás familias, a profe e aos peques por facerme sentir así de ben!!!

    ResponderEliminar
  3. Para nós foi un pracer! Pena de non ter máis tempo para poder colaborar máis!
    Moitas grazas profe por deixarnos disfrutar de momentos como os de hoxe!

    ResponderEliminar
  4. A verdade e qe e moi bonito poder participar e ver o contentos e emocionados qe estan os nen@s .Aver cantos pitiños van sair jiji .Entre tod@s idelos coidar e mimar moito coma os coellos😊😊.Xa falta pouco tic tac jiji

    ResponderEliminar
  5. A verdade e qe e moi bonito poder participar e ver o contentos e emocionados qe estan os nen@s .Aver cantos pitiños van sair jiji .Entre tod@s idelos coidar e mimar moito coma os coellos😊😊.Xa falta pouco tic tac jiji

    ResponderEliminar
  6. Esperemos que salgan esta semana os pitiños, senón malo...jiji

    ResponderEliminar