Boas
familia!!!
Iniciamos unha nova semana cun novo protagonista. Este
fantástico neno está a vivir a súa
semana cunha emoción e unha luz nos ollos dificilmente descritible.
Luns: Canto tempiño inverteu en pintar a súa coroa. Tiña
clarísimas as cores, as pegatinas que lle quería por… todo. Ollade!!!
Martes: Foi o momento de amosar as fotos. Cantas fotos e que ben nos explicou
todo!!. Daba gusto escoitalo!. O mellor foi cando chegou a foto das gafas. Non paraba
de rir, pero cunha risa picarona que nos fixo partinos de risa a todos.
Así de bonita quedou a porta do prota.
Mércores: hoxe
Xabi amosounos os seus obxectos mais preciados e dicir, a roupa que mais lle
gusta, o seu xoguete favorito, os contos… Amosóunolos encantado e dixo que os
compartiría con seus compañeiros nos momentos de xogo. Que feitiño este neno!!!!!!
Xoves: hoxe vivimos un día
moi especial, Diana, a nai de Xabi, veu a facernos unha visita.
Que cara de felicidade, que abrazos… en definitiva que sorpresa levou o noso Xabi,
ollade!!!
Pasado o impacto de ver a “mami”
como Xabi di, era o momento de poñerse mans a obra e vaia se nos puxemos. Diana
viña disposta a desenvolver unha actividade de globoflexia con tódolos pequen@s.
Que ilusión lles fixo, e a Xabi nin vos conto!.
E que me decides da foto de grupo?
Despois desta actividade tocou ler
o conto e Xabi sorprendeunos de novo xa que grazas aos pictogramas do seu conto
favorito, el tamén puido participar na lectura. Que ben o fixeron os dous!!!
E como colofón un detallino para tódolos nen@s!!!!!
Mil grazas Diana por todo o esforzo e emoción que amosache neste proxecto. Mañá mais, tocan as pegadas!!!!
Venres: Hoxe estivemos moi
atarefados e deixamos para o último momento a estampación das pegadas polo que
o colofón do protagonista non poderá chegar á casa ata o luns. Non dou mais
pistas.
Que ben o pasaron pintando a Xabi e que cóxegas pasou o
prota. Desfrutou moito e nos con el.
Moitas grazas meu pequeno por toda a ilusión que desbordache
na túa semana especial!!!
Ai que lindo o meu ratoncito!!!!como traballa.como non en azul!!o seu color favorito.moitas gracias Rocío por deixarme ver este paso adiante do noso neno!!
ResponderEliminarUn placer mami!!!
EliminarParabens Xavi pola tua semana, disfruta moito peque...
ResponderEliminarQue contento se ve !! esta moi simpático na foto das gafas!!!😊😊
ResponderEliminarGuapo, a disfrutar de tu semana!!!
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarFelicidades Xabi! Como se nota que disfruta da súa semana!
ResponderEliminarJajajajjaja. ...que tremendo e contento coa sua camiseta de spiderman..Jajajajjaja. .que si ya deixo non a quita de encima..
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarBueno Diana ese curso acelerado de globoflexia fue todo un éxito jaja. Me encanta la foto de grupo todos disfrutando
ResponderEliminarJa ja ja...acelerado de verdad!!!foi un día estupendo non sei si o pasaron mellor eles ou eu.jauja..gustoume moito participar e ver a cara de alegría do meu peke foi o mellor!!os nenos son todos estupendos,que gusto estar con todos, ágora comprendo que Rocío disfrute día a día porque xa iré des contando todas as mamás pero de verdad que e un grupo xenial,que os abrazarias a todos!!Gracias a ti Rocío por todo esto!!
ResponderEliminarQue bonito e currado Diana, viñeron máis contentos cas suas espadas..... gracias por todo
ResponderEliminarfelicidades a xabi e a mami,ainda q o final seguro q o pasou mellor ela q o neno.jejejje
ResponderEliminar