fondo

martes, 24 de noviembre de 2015

A ALEGRÍA (4 ANOS)


Ao longo deste mes estivemos traballando a emoción da alegría, a través do monstro amarelo. Desta vez, o monstro deixounos na caixa moitos contos: contos da familia, da granxa e tamén algúns de creatividade, xa que o monstro con estas cousas síntese moi alegre. 

Os nenos/as aportaron moitas cousas da granxa, é unha temática coa que disfrutan moito.

ADRIÁN RO. :  uns puzzles dos animais da granxa, un mural das distintas codornices (aprendimos que hai codornices chinas, que teñen os ovos máis pequeniños; e codornices xaponesas, que os ovos son un poueuiño máis grandes) e trouxo mostras dos ovos. Os marróns e pequeniños son da codorniz china, os de manchas son da codorniz xaponesa e os de cor carne son de galiña. Xa que nos trouxo estes ovos, aproveitamos para meter ovos de codorniz na incubadora que nos deixou o avó de Dani C.

DANI C.:  unha granxa con moitos animais, unha cesta de outono con productos da granxa, uns puzzles, contos, uns ovos para ver que deles nacen os pitiños e plumas de distintas aves ( faisáns, pavos reais...).


DANI E ADRIÁN RE.:  moitos contos: de tractores, de animais da granxa, da vaca...Cántas cousas imos aprender!


UXÍA:  moitos animais, pero non todos eran da granxa, polo que estivemos adiviñando cáles vivían na granxa e cales non.


MARTIÑO:  puzzles, contos, unha ensiladora, un xogo de memoria e unha granxa que fixo coa axuda da súa mamá. Cánto traballaron!!!


ELENA: contos de animais.


AINHOA: máis contos. Un deles encantounos, porque é un conto de sons, onde escoitamos as onomatopeias dos animais que viven na granxa. Adiviñámolos todos!!!


E máis contos...





MATEO C: un encaixable da granxa e MARTINA unha abella, que fan o mel.




Outras das aportacións que fixeron, foi a elaboración da cartulina da alegría...qué fermosas quedaron! Cántas situacións de alegría atopamos.
Adrián séntese alegre cando está coa súa familia; Alonso, cando vai ao parque, á praia, ao cole...; e Noemy cando axuda aos seus avós a darlle de comer ós animais que teñen.


Ainhoa estaba moi contenta cando foi a comunión de Laura ( nótase, non si?); Pablo, cando vai ao parque, no seu cumpreanos, cando come xeados...; e Adrián Ro. , cando anda en bici, xoga ao fútbol, trablla co seu pai na panadaría e cando a súa nai lle le un conto.

Dani C. síntese feliz cando vais de excursións, cando se disfraza e na piscina; e a Brenda encántalle estar alegre, xa desde pequeniña amosaba un gran sorriso.

Adrián Pais, está alegre coas cousas da granxa, ao igual que Mateo C., que lle apasionan os animais; e Mateo P., cando anda na bici, cando xoga ao fútbol, cando aprende as letras e os números...

Gael, está moi contento cando vai de viaxe, cando lle pintan a cara, cando anda en bici e cos dinosaurios; e Carla sinte alegría con moitas cousas, cando naceu a súa irmá Marta, na piscina, no parque, cando vai de viaxe, no cole, cando Peliños vai a súa casa...





4 comentarios:

  1. Cantas cousas aportaron .Qe contentos estan amosando as suas cartulinas da alegria. E unha emocion moi fersoma

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousas aportaron .Qe contentos estan amosando as suas cartulinas da alegria. E unha emocion moi fersoma

    ResponderEliminar
  3. Esta emoción é especial porque é sinónimo de sentirse ben e feliz! Encántame!!! E en realidade os nenos e nenas son tan felices con todo... Que gusto da!!

    ResponderEliminar
  4. Esta emoción é especial porque é sinónimo de sentirse ben e feliz! Encántame!!! E en realidade os nenos e nenas son tan felices con todo... Que gusto da!!

    ResponderEliminar