fondo

domingo, 13 de diciembre de 2015

O protagonista Daniel

Moi boas familia!!!
Empezamos semana e con ela, e despois da espera, estreamos protagonista.
Nesta ocasión tócalle ao sempre risueño Daniel Bello que seguro disfrutará moito.


Luns:

Hoxe tocou facer a coroa que ganas tiña, madre de dios!!!! Todo o día coa coroa ás voltas e que tiña que ir primeiro que era o protagonista!!! . Que gracia me fixo!!!!



Martes.:
Hoxe fixemos un cambio nos planes, xa que como eu digo moitas veces, os planes están para cambialos. Resulta que a Dani lle facía moita ilusión amosar os xoguetes e compartilos cos compañeiros así que, cambiamos as fotos polos xoguetes. O cambio resultou ser todo un éxito. Dani encantado e os compis mais, que estaban desexando xogar cos, MOITOS, xoguetes que trouxo o prota.




Mércores :
Foi un día moi especial, Jorge tivo a sorte de reunir a toda a familia na aula. Mami, papi e Jorge viñeron a sorprendelo e el quedou … pasmado. Jajajaj!!!
Ollade o ben que o pasamos!



Ademais Dani tamén nos amosou as súas fotos. Explicounas moi ben, quedounos todo moi cariño!!!!



 Xoves:
Hoxe tocou facer as pegadas. Canto riu este pequecho. Que ben o pasamos á súa costa.




E aquí remata o reinado deste pequeno gran home. Eu penso que disfrotou moito, á volta de vacacións a profe terá un regaliño para el.


Sentindo contos en 3 anos



Boas familia!!!

Rematamos coa alegría e damos paso á tristeza. 
Popeta deixounos unha carta do Monstro de Cores para que lle axudemos a entender porque sempre se pon azul no Nadal. 
A carta levounos ao mapa, o mapa levounos a ver a Rogelio no Ipad e Rogelio deunos instrucións para que buscásemos a caixa máxica na que había agochados obxectos que lle axudarían ao Monstro de Cores a saber porque está de cor azul. 
O primeiro que despois de ler a carta de Popeta, sospeitou o motivo do cambio de cor do monstro foi Lois e por suposto puxémoslle as gafas de investigador. 



Esta é a mensaxe que nos deixou Rogelio:




Isto é o que se agochaba na caixa. Os nenos e nenas decidiron que querían ler un conto e escolleron o dos Tres osos. Ao rematar investigamos se ese conto tería relación con algún dos obxectos presentes na caixa e Nerea e Elva non tardaron en decatarse de que si. Había unha serie de obxectos agrupados por tamaños: grande, mediano e pequeno, ao igual que os osos. Que ben o fixeron!!


Xa empezamos a recibir as primeiras cartulinas que plasman a tristeza dos nenos e nenas. Iria comentábanos que a ela o que a pon triste é que os seus amigos lle rompan os xoguetes, Elva di que a Chuvia a pon triste e Manu amósanos como sería unha cara triste. 
Ollade as caras de todos, están moi tristes non si?


Os dous porquiños

Boas familia!!!

Fai uns días tivemos unha visita moi especial na clase de 4 anos. Os nosos compis invitáronnos a ir á súa aula e nos fomos encantados!!!!
Que cousa mais bonita!!!
Algúns nenos e nenas asustáronse un pouco para sorpresa miña pero gustáronlles moito.  O mais impresionante foi ver como lles daban o biberón, como comían!!!!


miércoles, 2 de diciembre de 2015

NOEMY TAMÉN É PROTAGONISTA!

Este ano, como ben sabedes, temos unha compañeira nova. Ela igual que todos, tamén quere ter a súa semana de protagonismo...e tocoulle a semana pasada. Cómo o disfrutou...deixovos o seu video de protagonista.


martes, 1 de diciembre de 2015

Visita á granxa

Boas familia!!

A semana pasada tivemos a gran sorte de poder ver “in situ” a vida dunha auténtica granxa.  María que conserva a súa vena de mestra deunos unha clase maxistral sobre como se vive o traballo nunha granxa. Ao igual que o fixeron Os “super avós” e Óscar.

Dende o cole queremos darvos as grazas por toda a implicación e por facernos sentir tan ben e aprendernos tanto. Moitas grazas familia.