fondo

lunes, 18 de enero de 2016

A protagonista Lúa



Iniciamos semana cunha nova prota.  A doce Lúa será a encarga de recibir tódolos agarimos dos seus compañeiros e da súa profe. Feliz semana ruliña!!!




 Luns:

Hoxe tocou facer a coroa. Que esmero puxo, que ganas!!! Que proxecto tan máxico! E como se puxo de azul a prota!!! jajajajaja!!!!!!


Martes:
Hoxe Lúa escolleu amosar as pertenzas. As fotos deixámolas para mañá.
Empezou polas zapatillas de deporte, seguiu co puzle, o conto da patrulla canina e para rematar amosou iso que lles fixo alucinar a todos…. UN SÚPER FORNO!!!!

Todos quedaron abraiados cando Lúa o acendeu , a luz, o ruído, a campá do final. Jajajajaja!!! Están deseando poñelo a funcionar!!!!


Miércoles:
Hoxe tocou amosar as fotos.  Que ben o fixo!!
Estar 4 horas subindo o vídeo mereceu a pena verdade? Jajajajaja

Ollade!!!





E agora a reportaxe fotográfica!!! 


Xoves:
Hoxe vivimos un día moi especial. María e Noa viñeron a aula para teatralizar un conto, un conto no que ao fin o lobo feroz non era malo senón bo. Que ben o fixeron!!! Na aula non se movía ninguén e todos estaban moi atentos e implicados.
Moito ensaio se apreciaba en esa teatralización. Que grandes sodes familia!!!
Ao rematar fixemos as pegadas e logo houbo un detalliño para todos.
Grazas familia por todo o que aportastes a este proxecto e por esas palabras que compartirmos ao final e que sempre che agradecerei.

Aquí vos deixo o vídeo que é testemuña de todo sito.



jueves, 14 de enero de 2016

Sentindo Contos en 3 anos


Iniciamos un novo sentimento, un sentimento moi coñecido polos vosos peques e que tendes que saber lidiar da mellor forma posible. Vamos intentar ao longo deste mes minimizar, dalgunha forma, os efectos secundarios desta emoción.
O monstro de cores xa nos deixou carta e Rogelio xa nos deu indicacións para atopar a caixa máxica.  Atopouna Manuel pero non me deu tempo a sacarlle a foto!
Isto foi o que apareceu dentro da caixa. Agora temos que investigar o motivo de porque Rogelio nos deixou todo isto para axudar ao monstro de cores!!!


Xa nos foron chegando algunhas cousiñas moi interesantes!!!
Lúa: trouxo un conto sobre o inverno e as prendas de vestir. Tamén, unha bonita foto coa súa irmá Noa ben ataviadas para un día de neve como o que amosa.

 Elva: Dínos que cando ela se enfada a avoa non lle da chocolate e ela reacciona... rompendo un boneco. Ao final chegamos á conclusión de que estaba mal feito o que facía e que intentaría non facelo mais, xa que estaba mal.

Alba B: Dínos que é moi raro que se enfade pero que si se enfada é porque non pode vir á escola  (que incluso quere vir o fin de semana) ou ben porque se pelea co seu irmán Pablo.

Ollade as caras!!! Enfado absoluto!!!



Últimas aportacións da tristeza


Boas familia!!!
A semana pasada chegáronnos as últimas aportacións da tristeza, ollade que caras mais tristes!!!