Iniciamos un novo sentimento, un sentimento moi coñecido
polos vosos peques e que tendes que saber lidiar da mellor forma posible. Vamos
intentar ao longo deste mes minimizar, dalgunha forma, os efectos secundarios
desta emoción.
O monstro de cores xa nos deixou carta e Rogelio xa nos deu
indicacións para atopar a caixa máxica.
Atopouna Manuel pero non me deu tempo a sacarlle a foto!
Isto foi o que apareceu dentro da caixa. Agora temos que
investigar o motivo de porque Rogelio nos deixou todo isto para axudar ao
monstro de cores!!!
Xa nos foron chegando algunhas cousiñas moi interesantes!!!
Lúa: trouxo un conto sobre o inverno e as prendas de vestir. Tamén, unha bonita foto coa súa irmá Noa ben ataviadas para un día de neve como o que amosa.
Alba B: Dínos que é moi raro que se enfade pero que si se enfada é porque non pode vir á escola (que incluso quere vir o fin de semana) ou ben porque se pelea co seu irmán Pablo.
Ollade as caras!!! Enfado absoluto!!!
hasta enfadadas estan guapas!!!!!!
ResponderEliminar