Un deles foi este:
Neste conto, coelliño móstranos a distintas situacións nas que él se enfada e démonos conta que a nós tamén nos pasa iso moitas veces. Pero coelliño contounos que o enfado dalle ganas de dar patadas, de berrar...pero el en vez de facer todo iso, pecha os ollos e respira profundamente ata que se lle pasa o enfado.
Este conto dounos pé a falar das distintas situacións nas que nós tamén nos enfadamos e a explicar que é o que facemos para que se nos pase o enfado. Saíron moitas cousiñas, pero o que temos moi claro é que ningúnha das veces descargamos o nos enfado nos demáis...(aínda que eu sei que ás veces sí que o facemos...jajaja), pero pouco a pouco imos ir aprendendo como controlar todo isto.
Aquí vos deixo algúns dos vídeos:
Tamén contamos outro conto que nos ensinou unha boa fórmula para botar o enfado fóra:
Flora ensínanos que cando nos enfados notamos como unhas formigas que nos percorren todo o corpo e para botalas fóra temos que decir o seguinte:
"Sacudir, sacudir, as mans
sacudir, sacudir, os pés,
UN,DOUS,TRES...o enfado polas manas,
UN,DOUS,TRES...o enfado polos pés,
UN,DOUS,TRES...o enfado xa sevai,
UN,DOUS,TRES...o enfado xa botei!!!"
A ver se agora o aplicamos e comezamos a controlar os enfados!
Xa recibimos moitas cartolinas vermellas que nos amosan as causas de enfado dos nosos pequenos: cando non poden ir ao parque, cando lles castigan... Adri P., estaba enfadado cando o operaron e non podía comer o que lle gustaba.
Adri Ro, cando o seu papá non lle deixa comer todas as chuches que el quere.
Pablo cando ten que comer verduras e froita e cando ten que ir durmir porque xa é de noite. A Luci esto tampouco lle agrada nada porque gústalle moito disfrutar dos seus pais.
Alonso e Gael fixeron moitas palabras relacionadas coa rabia e Gael ademais debuxou as expresións de enfado: rabioso, histérico, enfadado...
Uxi enfádase cando chove porque non pode xogar fóra e Noemy e Mateo P, cando fan as cousas e non lles saen ben, pero eu xa lles expliquei que non pasa nada, que aínda que non saian a primeira vez, se somos constantes acabarán saíndo. E recordamos os primeiros días que viñemos ao cole e decatámonos que agora sabemos facer moitas cousas que o primeiro día non coñecíamos: as letras, os números, a facer os nosos nomes...
Brenda debuxou un bebé chorando cando non ten o chupete e tamén un neno enfadado porque lle quitan a pelota. A Martiño hai moutas cousas que lle provocan enfado, como por exemplo, que lle peguen ou que a súa nai non lle deixe comer moitas chocolatinas.
Mentras traballamos a rabia, estamos a traballar tamén a estación do inverno, xa que é a estación na que nos atopamos neste momento. Os nenos/as xa fixeron as súas aportacións:
DANI C.:
Dous contos de inverno e un termómetro, co que averiguamos que podíamos medir a temperatura do ambiente. Observamos que dentro da aula estaba no número 15 e puxémolo fóra e descubrimos que o termómetro baixara ata o número 8!!!Como estamos no inverno, a temperatura baixa por iso vai moito frío e ás veces nalgúns lugares neva.
PABLO: tróuxonos un conto tamén de inverno.
Jiji pa estar traballando o enfado salen todos sorrintes . Qe ben o pasan enseñando as suas cartolinas
ResponderEliminarJiji pa estar traballando o enfado salen todos sorrintes . Qe ben o pasan enseñando as suas cartolinas
ResponderEliminar