fondo

lunes, 3 de febrero de 2014

A prehistoria en 4 anos


Seguimos coa prehistoria á voltas. Esta semana entramos de cheo en dous temas:

·         A evolución do home durante o paleolítico: dende o Austrolupithecus pasando polo homo habilis, homo erectus, home de neanderthal e rematando co  homo sapiens.

·         Lugar no que vivían: nomadismo, asentamentos, covas, cabanas…

Os pequechos seguen a traer as súas aportacións:

·         Samuel: trouxo unha macheta. Afiada, afiada!!! O seu avó participou na elaboración.

·         Carla: tamén aportou unha macheta, con esta cazaremos animais mais pequenos.
 
·         Ángela: trouxo dous debuxos referentes á caza que o seu pai lle axudou á buscar. Explicóunolo moi ben todo!!
·         María: estivo de aniversario  é un dos seus regalos foi este libro da  prehistoria que xa limos hoxe. Gustounos moito!!





sábado, 1 de febrero de 2014

BOAS FAMILIAS!!
ESTA SEMANA OS DE 3 ANOS TRABALLAMOS A PAZ. AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO QUE O DEMOSTRA.

jueves, 30 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos


Moi boas familias!!!

Seguimos coa prehistoria, hoxe non tivemos moito tempo, xa que a PAZ foi o prato principal.
Aínda con todo, tivemos tempo de facer unha fichiña e por suposto de recibir novas aportacións. Neste caso amósovos a :

Nuria:  que posa coa súa cabana xa que antes estivo maliña e non puido.  Tamén aporta un novo conto á nosa biblioteca prehistórica. Qué ben!!!

ÁLvaro: que  xa ten o  “full equipped”, armas, anzois e vestimenta para a ocasión. Todos pecharon os ollos para recibir a Álvaro  e cando os abriron alucinaron ao velo con esas vestimentas. Acto seguido, todos querían tocalo, poñer o traxe... vamos, un non parar!!! jajajaj!!!!
 
 

 

 

A paz en 4 anos


Moi boas familia!!!

Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos un día que debe estar sempre presente nos nosos comportamentos. Festexamos o día da paz.

No Pichel, non paramos. Empezamos colaborando nun mural no que os alumnos maiores debían buscar palabras referentes á paz e outras que simbolizan todo o contrario. Os pequechos limos esas palabras e pegamos, xunto co resto do alumnado do centro, as nosas fotos no símbolo da paz.

Mais tarde asistimos á lectura dun conto por parte dos alumnos de 3º de primaria e logo, todos xuntos, acudimos ao pavillón para cantar a canción da paz, escoitar outro conto, neste caso referido ao gran Mandela e finalmente todo o colexio, xuntámonos para formar cos nosos corpos o símbolo da paz.

Resúmovos todo isto no seguinte vídeo. Espero que o disfrutedes tanto coma nós.

 
 
 

miércoles, 29 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos

Moi  boas familias!!!

Unha xornada mais, seguimos traballando neste tema que nos apaixona. Hoxe fixemos un debuxo sobre o que xa saben sobre a prehistoria. Este debuxo volveremos a repetilo ao rematar o proxecto para observar os cambios que se produciron no seu coñecemento dende que empezamos ata o remate desta experiencia.  Tamén coloreamos os debuxos que onte trouxo Antía.
Co  profe Suso ordenaron, nunha liña do tempo, o acaecido dende o big bang ata a aparición dos primates. Primeiro escribiron os nomes correspondestes e logo asignáronnos a cada espazo de tempo.


 
Por outra banda, hoxe quero amosarvos o que trouxo María Liu, con vídeo explicativo incluído. Toda unha sorpresa para os peques!!!
 
 Ollos tapados para ver o que trae María Liu!!





 
Agora imos ver como o contou ela!!!!
 
 
 
 
 

martes, 28 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos

 
Moi boas familias!!!
 
 
 
Seguimos coa prehistoria, hoxe vimos un vídeo sobre o tema no que aprendemos diferentes aspectos sobre o paleolítico e tamén cantamos a canción do troglodita.
Este é o enlace para que a cantedes cos peques, a canción ten un erro, xa que na prehistoria non había dinosauros, pero bueno, isto axuda a espertar o seu sentido crítico e non crer todo o que ven ou escoitan.
 
 
 
Por outro lado amosarvos as novas aportacións destes pequerrechos!!!

Álvaro: trouxo o conto de Croniñón que xa limos hoxe e que nos gustou moito.
Antía: trouxo fotocopias con información sobre a prehistoria e novos debuxos para os seus compañeiros.

María Liu: trouxo ao neno troglodita, chamámoslle Nino, mañá prometo poñer a foto porque acabo de caer na conta de que me esquecín completamente. Podedes ver a Nino  pegadiño a Titi, detrás de Álvaro.




 


lunes, 27 de enero de 2014

A prehistoria en 4 anos

 
Moi boas familias!!!

Creo que vou empezar a dicir SUPER FAMILIAS porque non deixades de sorprenderme. Madre mía que cantidade de cousas!!! Hoxe ata viñeron a buscarme materiais para amosarllos aos alumnos maiores. Un orgullo vamos!!!

Nós esta semana, vamos a prepararlles unha liña do tempo dende o big bang ata o comezo da prehistoria (para que eles mesmos a ordenen) e logo xa empezamos co paleolítico.  

Hoxe, para non variar, amósovos mais cousiñas feitas por vós e os vosos peques!!!

Carol: tamén trouxo ferramenta para cazar, tirachinas e dúas machetas. As machetas veñen afiadas á pedra!!! Non mo podía crer!!! Qué profesionais!!!

Álvaro: trouxo utensilios para a pesca, neste caso anzois. Vamos que si pasamos fame é porque queremos!!! Jajajajaj!!!!!!                       

Noa: fixo un mural no que nos explica como se traballa a pel dos animais para utilizala á hora de facer a vestimenta. Tamén trouxo anacos de pel(AUTÉNTICA) para que os seus amigos a tocasen e a cheirasen.

Nuria: aínda que está enfermiña, quixo facer a súa aportación e a mamá trouxo unha cabana feita con ramas e co lume á porta. Para entrar a vivir nela, do ben feitiña que está!!! Recupérate axiña pequecha!!!